miércoles, 28 de febrero de 2024

TALLER DE MANTEIS: ARTE E FROITA

 Concidindo coa semana da froita na escola, decidimos cambiar o nosos manteis da merenda.

No buzón Xeliña apareceu unha foto de un artista, Romero Britto, e varias imaxes de cadros de froitas que fixo. Estivemos mirando e falamos de cal era a nosa froita preferida e da importancia que teñen para crecer sans e fortes,. Despóis escollemos o cadro da nosa froita preferida e puxémonos mans a obra.




viernes, 23 de febrero de 2024

RETRATANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Este curso, relacionado co noso PDI: "Arte en xogo", buscamos 5 mulleres pintoras , unha para cada aula, e escollemos unha obra delas e fixemos unha adaptación coa imaxe de Rosalía de Castro. 

Ademáis falamos moito da importancoia das mulleres na historia, e tamén para facer un pouco máis visibles a artistas femeninas.

Mirade que traballos tan bonitos.






lunes, 12 de febrero de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Para conmemorar este día a nosa mascota Xeliña deixounos nos buzóns unha carta invitándonos á biblioteca a escoitar a unha gran amiga súa, Ángeles Alvariño, unha gran oceanógrafa, e outros documentos e materiais para facer un experimento.


Ángeles Alvariño explicounos un pouco cal era o seu traballo, e as dificultades que tuvo por ser muller. Falounos de que lle encantan os animais, sobre todo os do océano, e tamén, que outra cousa que lle gustaba moito era ler contos, porque súa mamá de pequena líalle moitos, o seu preferido é "Riciños de ouro e os tres osiños".
E como a nós tamén nos gustan moito decidiu contárnolo e despóis propoñernos un experimento con osiños de gominola, para convertilos en pequeno, mediano e grande coma no conto.

Despóis regresamos ás aulas e collemos os materiais que xa nos deixara Xeliña para facer o experimento: auga, vasos, sal e osiños de gominola. Metemos cada osiño nun vaso como nos dixo Ángeles Alvariño e falamos de que lles pasaría en cada vaso, apuntando as ideas que se nos ocurrían.
Ahora tocaba esperar ao día seguinte e mirar que sucedía.


E ao día seguinte.....os osiños cambiaron de tamaño!!! e para recordar o experimento plasmámola nunha fichiña que nos deixara Xeliña.





Coloreamos un osiño pequeno, un mediano e un grande e pegámolos no vaso correspondente. E falamos de porque pasou eso.

viernes, 2 de febrero de 2024

A SEMANA DE ENTROIDO

 Ao longo desta semana festexamos o entroido na nosa escola. Para comezar elaboramos un mural moi colorido coas nosas caras para adornar a entrada, mirade que bonito.

Tamén cada día da semana tiñamos unha carta no buzón onde Xeliña nos indicaba como tiñamos que vir ao día seguinte, con roupa de cores, un bonito tocado,...


E xa para rematar tocou o esperado desfile pola alfombra vermella, e posterior merenda de Entroido e baile. Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo. 

jueves, 1 de febrero de 2024

CONTAMOS CONTIÑOS: ENTROIDO

 Nesta semana de Entroido Xeliña recomendounos 2 contos que traballamos nas aulas. "Quiero ser como tú" Os animais da sabana despois de decidir cambiar, rematan a súa aventura cunha festa de disfraces!


E o outro "mil personaxes podes ser" de Ana Meilán. Despóis de contalo cada nena e neno escolleron o animal que lles gustaría ser e fixeron este bonito traballo.