martes, 30 de abril de 2024

ARTE NA BIBLIOTECA: PRIMAVERA

 Coa chegada da primavera decidimos decorar a escola con murais cheos de flores, tomando como referencia o conto FLORES  e o xogo ¡A DIBUJAR! de Hervé Tullet.
















Pasámolo xenial!!!

viernes, 26 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: CONTOS CANTADOS

 Hoxe tivemos de novo correspondencia nos nosos buzóns, Xeliña enviounos unha invitación moi especial. Mirade.

Pinchando na imaxe da invitación podedes ver o vídeo completo.

Fixérono xenial!!!! Moitas grazas ás nenas e nenos de 6º de infantil.
 


miércoles, 24 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: INSTALACIÓN LECTURA- XOGO LIBRE

Hoxe recibimos unha carta nos buzóns de Xeliña. Quería invitarnos a unha actividade moi divertida que preparou nun espazo novo da biblioteca. 
Estará dispoñible durante esta semana.

A actividade consiste nunha pequena instalación de contos acompañados dunha proposta de xogo relacionada con cada un deles.






Mirade que ben o pasamos estreando este novo espazo!!!







martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: CONTO COLABORATIVO

Durante varias semanas entre todas as nenas e nenos da escola fomos elaborando unha pequena historia titulada "A horta de Xeliña", entre todas e todos pensamos a historia e fixemos as ilustracións. E hoxe, para comnmemorar o Día do libro, levamos o noso conto para a casa.

lunes, 22 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Para comezar esta semana do libro, hoxe fomos ao instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria, onde un grupo de rapazas e rapaces fixeron de madriñas e padriños lectores co noso alumnado de 6º de infantil, encantounos!!!!
Moitas grazas por invitarnos.

 

Pinchando nas imaxes podedes acceder a máis fotos desta actividade.

miércoles, 17 de abril de 2024

COCIÑA CREATIVA NA BIBLIOTECA E RECEITA SAÚDABLE

Durante esta semana fixemos un taller na biblioteca de cociña creativa, tendo en conta as receitas do libro de "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet.







E despóis de practicar con papel e rotuladores decidimos facer unha receita moi saúdable con froita. Estaba deliciosa!!!