jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN: VROOM ON THE BROOM E APÓCEMA BOTÁNICA

Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apócema botánica" para espantar o mal de ollo, pero en cada aula recibimos un diferente polo que houbo que xuntalos todos e cooperar. Fomos convidados á biblioteca onde tivo lugar a maxia e ó final de todo puidemos probar a apócema. Sabía moi ben!

Por suposto, tampouco faltaron os contos e a música, e como á festa do Samaín lle chaman Halloween nos países angloparlantes a teacher contounos o conto Vroom on the Broom unha historia chea de ritmo e musicalidade. Foi moi divertido!

E como non, puidemos desfrutar toda a semana da Exposición de Cabazas Botánicas, o primeiro reto trimestral deste curso. Grazas familias pola colaboración!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo destas actividades xunto coas cartas de Xeliña e o conxuro. Agardamos que vos gusten!




No hay comentarios:

Publicar un comentario