Mostrando entradas con la etiqueta inverno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inverno. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de marzo de 2026

POLO NORTE, POLO SUR

Logo do Nadal, onde está Papá Noel? Esa foi a dúbida que lles xurdiu ós nenos e nenas de 4 anos e investigando, investigando deron co seu paradoiro: no Polo Norte!  Deste xeito xurdiu un pequeno proxecto no que os máis cativos investigaron sobre as zonas máis frías do planeta Terra: o Polo Norte e o Polo Sur. Co paso dos días xurdiron novas inquedanzas: vive alguén? Que animais hai? Como é a vida alá? ...

Á traves de actividades de investigación, contos, búsqueda en rede e á aportación das familias de material relacionado co tema os nenos e nenas aprenderon moitísimo, e xa para rematar e facer deste proceso algo máis lúdico atrevéronse con manualidades que podedes ver a continuación. Bo traballo!






miércoles, 28 de enero de 2026

O INVERNO É ARTE

Ó longo deste frío mes estivemos experimentando diferentes formas de representar o inverno nas nosas creacións artísticas e murais. Como podedes ver, hai moita variedade pero sempre coincidimos nas cores empregadas, as da gama fría. Podedes ver o proceso e os resultados nas imaxes. Agardamos que vos gusten!




lunes, 19 de enero de 2026

CONTAMOS CONTIÑOS DE INVERNO

Sabemos que a neve é moi divertida pero, de onde sae e a onde vai cando marcha? Estas semanas estivemos contando contos que nos axudaron a resolver este misterio, O ladrón de neve e Un copo de nieve en el bolsillo. Despois fixemos as nosas propias folerpas con bólas de plastilina e experimentamos diferentes xeitos de crear neve artificial. O noso favorito é a mestura de bocarbonato e auga. Mirade que ben o pasamos!



martes, 13 de enero de 2026

CHEGOU O INVERNO Á ESCOLA

Desde que voltamos ás aulas o inverno converteuse no centro de interese para traballar o conteo e outras habilidades matemáticas, a atención, a orientación espacial e a lectoescritura. Aquí quedan imaxes dalgunhas das actividades e retos que argallamos!

lunes, 17 de febrero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: QUEDA SITIO PARA MIN?

Este inverno contamos ¿Queda sitio para mi?, fermosa lectura sobre a importancia de compartir. Os maiores da escola e os pequenos fixeron unha actividade plástica para poder contar o conto coas personaxes. 

miércoles, 12 de febrero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: CON TANGO SON TRES

Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola no seguinte vídeo. Agardamos que vos guste tanto como a nós!

viernes, 31 de enero de 2025

WINTER

Winter is the coldest season of the year, but the book "A Little Book about Winter" shows us that winter is not a season, it's a celebration!

viernes, 24 de enero de 2025

O FOGAR DOS PINGÜÍNS

Os nenos e nenas de tres anos estivemos experimentando coas propiedades do xeo e aprendendo acerca de dous dos estados da auga, líquido e sólido. Tamén aprendemos que o xeo conforma o hábitat de animais como os pingüíns e os osos polares, uns ecosistemas moi importantes que precisan a nosa protección para non derreterse. 

 

jueves, 23 de enero de 2025

MÁIS CIENCIA E NEVE

Este mes de xaneiro nas aulas de 4 anos estamos investigando diferentes opcións para crear neve artificial. Comezamos por mesturar a capa absorbente dos cueiros con auga e rematamos por empregar un po especial para crear neve a base de poliacrilato de sodio. Esta última mestura foi coa que enchemos a nosa mesa sensorial na que estamos a recrear o hábitat dos pingüíns, uns animais que nos teñen fascinados ultimamente. Xa vos contaremos máis. Estade moi pendientes! 


martes, 21 de enero de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS, UN COPO DE NIEVE EN EL BOLSILLO

Na clase de cinco anos contamos o álbum ilustrado Un copo de nieve en el bolsillo e despois fixemos neve artificial para a mesa sensorial empregando bicarbonato e auga. Gustounos moito!

ALGUNHAS ACTIVIDADES DE INVERNO

 Comezamos o inverno! Un centro de interese que nos encanta e que nos serve como punto de partida para crear, contar, ler e imaxinar. Por aquí vos deixamos as primeiras imaxes. Agardamos que vos gusten!