lunes, 26 de diciembre de 2022

FESTEXAMOS O NADAL

     Ao longo deste mes de decembro estivemos preparando o festival de Nadal, construímos un pobo navideño no que transcorría unha fermosa historia. Esperamos que desfrutarades dela.

martes, 13 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

 Xeliña seleccionou unha serie de contos e xogos educativos que lle encantan, botade unha ollada!!!


AS TRASNADAS DE XELIÑA

    Como xa sabedes a Xeliña encántalle viaxar, e esta semana sorprendeunos contándonos a quen fora visitar, nada máis e nada menos que a Papá Noel, a Laponia.
Voltou convertida en elfa, polo que ao longo desta semana non parará de facer trasnadas e nós teremos a misión de intentar calmala, a ver se somos capaces. Para axudarnos deixounos unha carta onde nos poñía como se relaxaba, e era escoitando ou lendo contos. 


Así, cada día nos buzóns da aula deixaranos un conto relacionado co Nadal par que poidamos ler.



Estamos desexando ver cal será a seguinte trasnada e que conto nos deixará....

RETO TRIMESTRAL: "ISTO NON É UNHA CAIXA!"

    Xa sabedes que a Xeliña lle encantan os contos, verdade? Pois un día lendo "Non é unha caixa" de Kalandraka, ocurríuselle a idea de propoñervos un reto moi divertido.

E este foi o resultado de todo o que fixestes, encantounos!! Mirade que adornada quedou a nosa biblioteca.







E como queríamos compartilo con todos e todas vós, fixemos unhas invitacións para poder visitar esta exposición na nosa biblioteca.




Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

viernes, 9 de diciembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro foi o mes da ciencia en galego e como na nosa escola temos "os pés na Terra" propuxemos dous experimentos para transformar "lixo" en detalles e agasallos propios das datas do Nadal. Seguindo coa tradición, o primeiro obradoiro que tivo lugar foi o de crear papel reciclado para as postais coas que os nenos e nenas felicitarán as festas ás súas familias. Ademais, tamén decidimos reutilizar ceras de cores aparentemente inservibles dándolles unha nova forma moi típica destas datas. Grazas á ciencia, un Nadal "Cos pés na Terra" é posible!





XELIÑA VOLVE Á ESCOLA

Por fin volveu Xeliña da súa viaxe a Canadá! A finais do mes de novembro unha última carta que Xeliña deixou nos nosos buzóns contábanos que acababa de volver da viaxe e nos agardaba na biblioteca cuns agasallos moi especiais. Ademais, os nenos e nenas de 5º B quixeron compartir co resto de grupos unhas bandeiras de Canadá para decorar as súas aulas. A viaxe de Xeliña chegou á súa fin pero agora gardará na nosa biblioteca todo o que aprendeu de Canadá. Seguro que nos invita a investigalo moi pronto!