Mostrando entradas con la etiqueta préstamo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta préstamo. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de enero de 2026

UNHA NOVA RUTINA, PRÉSTAMO OS XOVES

Hoxe as nenas e nenos de 4º recibiron unha carta de Xeliña, e os carnés da biblioteca. Xa puideron comezar co préstamo de contos!

jueves, 6 de noviembre de 2025

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alumnado poida levalo a cabo de forma autónoma empregamos unha libreta de rexistro na que poden verse as portadas dos exemplares. Recordade que podedes consultar o catálogo da nosa biblioteca na seguinte ligazón. https://eeixelaarias.edubib.xunta.gal/

Desfrutade da lectura en familia!



lunes, 17 de febrero de 2025

NOVIDADES NO PRÉSTAMO

O mes de febreiro chegou cargado de novidades no préstamo lector. Por unha banda, o alumnado de 5º e 6º intercambiou os exemplares prestables cos nenos e nenas da outra clase e, por outra, o alumnado de 4º estreouse nesta rutina que tanto gusta. Agora toca desfrutar da lectura compartida en familia! 


lunes, 7 de octubre de 2024

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

Co comezo do mes de outubro demos comezo ó préstamo de exemplares nas aulas de 5º e 6º de educación infantil. A Xeliña gústalle moito deixarnos os seus libros para levar para a casa e a nós encántanos ir completando o carné cada vez que os traemos de volta. O bibliotecario ou bibliotecaria de cada semana é o encargado de rexistrar no caderno que nos deixou Xeliña nos buzóns os libros que levan os compañeiros e compañeiras. Esta é unha das nosas tarefas favoritas!

jueves, 9 de febrero de 2023

COMEZA O PRÉSTAMOS

O alumnado de 4 anos comezou co préstamos! Seguro que gozarán moito compartindo estes contos coas súas familias!




jueves, 17 de noviembre de 2022

OS LIBROS VAN Á CASA

Esta semana os nenos e nenas de 6º EI comezamos o préstamo de libros que levaremos á casa para ler en familia ó longo da fin de semana. Esta nova rutina tennos moi ilusionados xa que nos encanta asumir novas responsabilidades e, por suposto, coñecer novos mundos a través dos contos. Agardamos que pasedes un bo rato descubrindo realidades diversas e contando historias!




viernes, 29 de abril de 2022

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

 Despois de varios meses de traballo, por fin puidemos comezar co préstamo, todos os venres as nenas e nenos da escola poden levar un conto da biblioteca ata o seguinte venres.