martes, 17 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Florencio M. Delgado Gurriarán, un recoñecido escritor nado na Comarca de Valdeorras.

De entre os seus numerosos poemas escollemos  “Galicia Infinda”, poemario referencial do autor, facendo fincapé na idea de que onde esteamos cada un de nós, alí tamén se atopará Galicia. Esta idea quixemos plasmala no vídeo que a continuación se presenta (pinchar na imaxe), así coma na decoración coa que engalanamos a nosa escola para unha data tan sinalada.

As nosas nenas e nenos aprenderon unha unha morea de cousas deste autor, e o máis importante, aprendemos que co galego, chegamos a onde nos propoñamos!


                        FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

jueves, 5 de mayo de 2022

CONTAMOS CONTIÑOS: RICIÑOS DE OURO EN LINGUA DE SIGNOS

Hoxe tivemos un contacontos moi especial, a mamá dun neno de 3 aniños veu á escola a contarnos un conto un pouco diferente, pois foi contado en lingua de signos. Encantounos!!!