lunes, 20 de septiembre de 2021

VISITA DE XELIÑA ÁS AULAS

     Ao longo desta semana Xeliña foi aparecendo nas aulas para  presentarse e traernos un agasallo que utilizaremos ao longo de todo o curso, un buzón, que usará para comunicarse con nós e pedirnos axuda para levar a cabo as distintas actividades que vaian xurdindo.

Xa nos dixo que este venres tiñamos un contacontos na biblioteca e que estivesemos atentos ao buzón porque nos ía deixar algo para poder asistir.


BOLETÍN INFORMATIVO 1º TRIMESTRE



 

martes, 14 de septiembre de 2021

UNHA VIAXE DE CONTO

Comezamos a aventura na biblioteca con Xeliña, a nosa mascota, e como a ela lle encantan os contos este curso escollemos a PDI “unha viaxe de conto”, a través dos cales voaremos ata mil lugares, teremos mil aventuras e aprenderemos moitas cousas novas.

Así o primeiro día de colexio os nenos e nenas atoparon así a súa escola…


Decoramos a entrada e o colexio coas imaxes do libro da selva, para dar comezo a esta nova aventura.