viernes, 28 de octubre de 2022

CHEGOU O SAMAÍN

    Ao longo desta semana levamos a cabo moitas actividades relacionadas con esta festividade, dende recetas terroríficas, conxuros, xogos, decoración da escola,.., ata o gran baile de disfraces. 
No seguinte vídeo deixámosvos un resumo de todo o feito, pasámolo en grande.

domingo, 23 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

     Hoxe é un día moiespecial para Xeliña, pois celébrase o Día das bibliotecas escolares, e por ese motivo, preparou unha actividade moi especial para facer con todo o alumnado na súa biblioteca. 

Ao chegar á escola tiñamos correspondencia nos buzóns das aulas, Xeliña convidábanos á biblioteca da escola para superar unha proba! Se o conseguíamos teríamos unha sorpresa....chapas de BiblioXeliña e o carné da biblioteca para comezar o préstamo de contos.

Encantounos a sorpresa!!! Grazas Xeliña!!



Compoñendo os quebracabezas dos amigos de Xeliña, para conseguir a sorpresa...




Explicando o uso dos carnés e mochilas para o préstamo dos contos.

viernes, 14 de octubre de 2022

XELIÑA E O OUTONO

     Como xa sabedes a Xeliña encántalle o outono, é a súa estación preferida, porque o souto énchese de fermosas cores e medran moitos froitos que lle encantan. 

    Por iso, un día aparaceu no buzón de cada aula unha nova carta, Xeliña convidounos a facer unha excursión coas familias ao souto para recoller tesouros de outono e traelos á escola. No buzón deixounos tamen unhas bolsiñas para que levásemos na nosa excursión.

Mirade canto recollemos.

Con todo isto traballaremos ao longo destas semanas, aprendendo así cousas novas do outono.