martes, 3 de junio de 2025
CONVIVENCIA NO FREI LUÍS DE GRANADA
lunes, 27 de mayo de 2024
CONVIVENCIA CO CEIP FREI LUIS DE GRANADA
Hoxe fomos de visita a un cole moi especial, "ao cole de maiores", o noso novo cole para o curso que ven.
Ao chegar recibíronnos Begoña e Pamela, e xunto con Noemí, a mestra de Educación Física, ensináronnos distintos espazos do colexio, as nosas futuras aulas, a aula de música e o ximnasio, no cal puidemos xogar un pouco. Encantounos!!!
Despóis xuntámos na biblioteca coa aula de 5 anos, os cales serán as nosas futuras e futuros compañeiras/os. E alí coas mestras de Infantil, escoitamos unha bonita historia, "Espiando aos maiores", foi moi divertido.
A continuación fomos a merendar todos xuntos e despóis a xogar no patio, pero antes do xogo tocou bailar e cantar a canción de amiguiños todos.
Pasámolo moi ben.
Moitas grazas ao profesorado do CEIP Frei Luis de Granada por acollernos tan ben.
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



