miércoles, 30 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrouse o día da poesía, e na nosa escola ademais de recitar e ilustrar unha morea de poemas, participamos, xunto a outros centros da comarca, nun acto de homenaxe para reivindicar a figura de Fiz Vergara Vilariño, un destacable poeta desta terra.

 

miércoles, 23 de marzo de 2022

CONTAMOS CONTIÑOS

Coincidindo co comezo da primavera, conmemoramos na escola a semana da Árbore e a Auga e o alumnado de 4º de educación infantil levou para a casa os pequenos carballos que naceron das landras que plantamos na terra este outono. Que mellor ocasión para contar o conto do Carballo con botas de Anxo Moure. Mirade canto desfrutamos!






martes, 8 de marzo de 2022

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    Co fin de conmemorar a loita pola igualdade de xénero cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e dende a nosa escola traballámola desta maneira. 

Xeliña deixounos no buzón un xogo de puzzles para coñecer a diferentes mulleres pioneiras galegas, sacadas do libro PIONEIRAS, montamos os puzzles e traballamos un pouquiño no que consistía cada profesión, tamén falamos da importancia de que todas e todos podemos facer o que queiramos. E para rematar montamos un mural con todas elas.

A parte disto, na biblioteca, Xeliña tamén nos deixou un montón de contos para seguir aprendendo cousiñas sobre o tema, escollemos algúns e fixemos varias sesións de contacontos.


E xa por último para levar un pouquiño do feito para a casa elaboramos un tríptico con estas mulleres pioneiras e tamén falamos do que nos gustaría ser  e fixemos un debuxo.



jueves, 3 de marzo de 2022

FESTEXAMOS O ENTROIDO!!

    Ao longo desta semana festexamos o entroido por todo o alto, seguindo as consignas que Xeliña nos deixaba no buzón das aulas para cada día, facendo manualidades para adornar a nosa escola relacionadas co entroido tradicional galego e por suposto rematando cun gran desfile de disfraces e unha gran festa.

No vídeo podedes ver todo o que fixemos, esperamos que vos guste, nós pasámolo moi moi ben.