viernes, 29 de abril de 2022

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

 Despois de varios meses de traballo, por fin puidemos comezar co préstamo, todos os venres as nenas e nenos da escola poden levar un conto da biblioteca ata o seguinte venres.




lunes, 25 de abril de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

    Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro. Para comezar, pedimos a colaboración das familias para que cada nena/o trouxera ao cole o seu conto favorito, puidemos observalos, lelos e fixemos unha foto para compoñer un mural recomendando os nosos contos.

    Outra actividade propúxoa Xeliña, coma fai sempre deixounos unha carta no buzón. Explicounos que o venres teríamos unha sorpresa na aula, e así foi, ese día tiñamos un contacontos moi especial, "A viaxe das bolboretas", empregando para contalo o kamishibai con sombras. 




    E por último, todas as aulas pasamos algúns momentos na biblioteca escolar, lendo, xogando, investigando, facendo teatro,..., na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.








miércoles, 20 de abril de 2022

BIBLIOPATIO

No terceiro trimestre por fin comezamos o bibliopatio. Creamos no patio un lugar para a lectura, para que no tempo de lecer tamén poidan desfrutar das aventuras dos contos.

Para explicárllelo aos nenos e nenas Xeliña enviou unha carta ao buzón das aulas, no que lles explicaba o que se ían atopar no patio e as normas de uso.

 


Mirade que boa acollida tivo.





BOLETÍN INFORMATIVO 3º TRIMESTRE