martes, 22 de febrero de 2022

PINTANDO E RECITANDO A ROSALÍA

    Hoxe, 23 de febreiro, celebramos na nosa escola o Día de Rosalía de Castro. Ao longo destos días aprendemos anacos de poemas escritos por ela e fixemos pequenas composicións artísticas. No vídeo podedes ver como o fixemos.

miércoles, 16 de febrero de 2022

CONTAMOS CONTIÑOS

Polo día do Amor e a Amizade, tamén contamos contos e acordámonos de aqueles aos que queremos "de aquí á Lúa...e volta!" igual ca no conto Adiviña canto te quero.

jueves, 3 de febrero de 2022

O PARAUGAS DE XELIÑA

Dende o equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega, propuxemos esta actividade para conmemorar o día da paz. 

Nos buzóns das aulas foron aparecendo unhas cartas de Xeliña invitádonos a unha sesión de contacontos na biblioteca. Esta vez era unha historia chea de valores como a aceptación, diversidade, amizade, confianza... Xeliña e o seu paraugas ían recollendo e axudando ao resto dos seus amigos. No paraugas de Xeliña hai sitio para todos!