domingo, 26 de diciembre de 2021

CONTAMOS CONTIÑOS

    Ao longo do primeiro trimestre, ademais das sesións de contacontos que xa subimos, tamén contamos outros contos, tanto nas aulas como na biblioteca, deixámosvos algunhas imaxes desas actividades.
A nós encantáronnos.

Conto "A que sabe a lúa? contado coa mesa de luz.

A través deste conto "Violín" coñecemos algún instrumento musical, como a trompeta, e tivemos a gran sorte de ter un pequeno concerto na aula de 3 aniños da man de María (alumna en prácticas durante este primeiro trimestre). Moitas grazas


sábado, 25 de diciembre de 2021

jueves, 23 de diciembre de 2021

MES DE NADAL

 Ao longo deste mes dende a biblioteca propuxéronse varias actividades para celebrar o nadal. Decoramos a nosa escola con murais e coas postais que fixemos con papel reciclado, tivemos unha visita moi especial e tamén preparamos un vídeo moi especial tendo en conta o conto do "Principiño".

Aquí podedes ver todos os nosos traballos, esperamos que vos gusten, nos disfrutamos moito facéndoos.

Postais e decoración:



    O último día de cole recibimos unha carta de Xeliña no noso buzón, decíanos que ía vir alguén moi especial a vernos, que nervios!!!
Era o Apalpador!!! Encantounos a sorpresa








miércoles, 8 de diciembre de 2021

MES DA CIENCIA NA ESCOLA

     Novembro, é o mes da ciencia na escola, e dende a nosa biblioteca propuxemos dúas actividades: facer xabón e papel reciclado.

Para levalas a cabo, Xeliña chamou a dúas amigas súas científicas que nos axudaron un pouco a entender que é eso da CIENCIA, e deixou nos buzóns da clase unha carta explicándonos o que tiñamos que facer.

Para facer o papel tamén nos trouxo á clase un conto que nos fala da importancia de reciclar e de onde sae o papel. Nas fotos podedes ver como fixemos a actividade.





    E para o xabón visitounos a científica e con ela aprendemos a facelo, mirade que bonito nos quedou!!!



Pasámolo moi ben e aprendemos un montón. Esperamos que pronto nos volvan a visitar as científicas con máis actividades así.