Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2026

CAMBIA O CONTO, ACTUACIÓN MUSICAL

Hoxe desfrutamos dun divertido espectáculo, "Cambia o conto" de Música Miuda. Pasámolo en grande. Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración e a Xoaniña Creativa por facernos desfrutar dos contos e a música.

 

miércoles, 27 de mayo de 2026

CONTAMOS CONTIÑOS, COCORICO

Hoxe o noso elenco de actrices e músicas deleitáronos cunha divertida actuación, converténdose en Cocorico, mamá Galiña e Gato Pelado. Despois Cocorico e a mamá Galiña repartiron o biscoito polas clases e propuxeronlle ó alumnado un novo obradoiro de cociña, biscoito de limón como o do conto. Agora toca esperar para que Xeliña nos deixe a receita no correo, pero primeiro temos que pedirlla cunha carta. Así escribir é moi divertido e emocionante! 


miércoles, 4 de marzo de 2026

DÁMOSLLE A VOLTA Ó CONTO CON RAQUEL QUEIZÁS

Hoxe asistimos ó espectáculo Dámoslle a volta ó conto de Raquel Queizás. Mediante monicreques cos que Raquel representou a súa infancia e a da súa avoa foinos contando contos de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade. Encántounos, moitas grazas!



martes, 25 de noviembre de 2025

ANXO MOURE, CONTOS POLA IGUALDADE

O 25de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Hoxe na escola tivemos unha visita moi especial, Anxo Moure veu cargado de historias cheas de igualdade e de paz, e inspirándonos na súa árbore atrapacontos, tecemos os nosos corazóns da igualdade.






martes, 27 de mayo de 2025

CONTAMOS E CANTAMOS CON CAXOTO

Hoxe tivemos a visita de Caxoto que nos contou (ou mellor dito cantou) o seu conto Avoa, Neto e burro. Gozamos dunha sesión de música, cantigas e risas! Moitas grazas pola visita!



miércoles, 2 de abril de 2025

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

 Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. As gafas que creamos recórdannos que existen infinitas formas de percibir e sentir e que as persoas que están dentro do espectro autista procesan o mundo dunha forma distinta. Contos, como o de Distinta ou El casco azul, e curtas, como a de Mi hermano Luca, achégannos máis a esta condición coa que convivimos cada día e da que aprendemos tanto. Recomendámosvolos!




jueves, 27 de marzo de 2025

CONTACONTOS ENTRE RÍAS

Onte tivemos unha visita moi especial, a ilustradora Celia Veiga veu contarnos o seu conto Entre rías e fixemos un obradoiro onde elaboramos os nosos paxariños! Mirade que bonitos!

martes, 18 de marzo de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: LA BUFANDA ROJA

Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil acudimos á biblioteca para despedir o inverno coa lectura e actividades sobre La bufanda roja.

viernes, 14 de marzo de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Nas clases de 4º contamos o conto Pequeno azul pequeno amarelo de Leo Lionni, un clásico que nos encanta, e xogamos a mesturar esas dúas cores empregando diferentes materiais. Pasámolo moi ben!

lunes, 10 de marzo de 2025

8M DANIELA PIRATA E OUTRAS LECTURAS

O 8 de Marzo celebramos o Día da Muller, e na escola quixemos celebralo como máis nos gusta, cun conto. Con Daniela Pirata descubrimos que todas temos dereito a loitar polo que queremos ser. 


Por aquí deixamos tamén algunhas lecturas recomendadas con motivo desta conmemoración.

viernes, 31 de enero de 2025

WINTER

Winter is the coldest season of the year, but the book "A Little Book about Winter" shows us that winter is not a season, it's a celebration!

jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ: OLLADAS DE PAZ E O PARAUGAS DE XELIÑA

Hoxe celebramos na escola o Día da Paz e a non violencia. Para agradecernos o mural co que decoramos a entrada cheo de Olladas de Paz, Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, no que escoitamos "O paraugas de Xeliña" unha historia baseada no libro El paraguas de cebra que nos fala da importancia da amizade, a amabilidade e a convicencia pacífica independentemente da nosa "especie" ou procedencia. 

E para rematar, entre todos cantamos a canción "A peor xogada" creada pola banda A música das baleas no CEIP de Caión.




lunes, 25 de noviembre de 2024

CONTACONTOS 25N O MUNDO DE CORES DE ROQUE E LÍA

Con motivo da conmemoración do día internacional contra a Violencia de Xénero, tivemos no cole un contacontos do libro “O mundo de cores de Roque e Lía” da man da súa autora Paula Suárez.

lunes, 21 de octubre de 2024

A FESTA DO OUTONO

Para celebrar a chegada do outono e aproveitando a proximidade do Día das Bibliotecas, Xeliña deixounos unha carta no buzón para convidarnos á biblioteca a escoitar unha historia de amizade e cooperación que aconteceu mentres ela e os seus amigos preparaban o souto para o outono. Como non podía ser doutro xeito, o conto rematou cun banquete compartido e tivemos a oportunidade de saborear os froitos desta tempada, que delicia!





martes, 8 de octubre de 2024

MY FIRST ELMER

Maddie, our Language Assistant, read us "My First Elmer" by David McKee. This is a colourful book that promotes inclusivity and friendship, and the most important thing, this book shows us that being different is our superpower.