jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ: OLLADAS DE PAZ E O PARAUGAS DE XELIÑA

Hoxe celebramos na escola o Día da Paz e a non violencia. Para agradecernos o mural co que decoramos a entrada cheo de Olladas de Paz, Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, no que escoitamos "O paraugas de Xeliña" unha historia baseada no libro El paraguas de cebra que nos fala da importancia da amizade, a amabilidade e a convicencia pacífica independentemente da nosa "especie" ou procedencia. 

E para rematar, entre todos cantamos a canción "A peor xogada" creada pola banda A música das baleas no CEIP de Caión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario