Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2026

CANDO LEMOS, FELIZ DÍA DO LIBRO

Ao longo desta semana conmemoramos na escola o Día do Libro. Aproveitando o clima primaveral desprazámonos ata a Praza da Vila para contar contos ó aire libre. E para conmemorar esta data tan especial compartimos con vós as palabras de Eva Mejuto sobre a lectura e os libros: 

Cando lemos 

percorremos silandeiras as bambolinas dos soños.

Cando lemos

somos a luz do torreiro que alumea nos teus ollos;

somos unha e somos todas sucando contra a marea.

Cando lemos

somos a chuvia que lanza o ar e bate a area.

Cando lemos

prendemos lumes sen chama, arredámonos do frío,

escorrentamos o medo, bebemos sol do resío.

Cando lemos

cruzamos pontes de estrelas tecendo con fío invisible...

porque cando lemos

todo é posible,

sobre todo o imposible.



SEMANA DO LIBRO EN INGLÉS

En inglés estivemos traballando a semana do libro coñecendo unha obra destacada da literatura infantil:  The Gruffalo de Julia Donaldson e Axel Scheffler. Vimos a historia e fixemos unha máscara do Gruffalo.






Así mesmo durante este mes de abril xunto co de maio, estamos a coñecer outros clásicos da literatura infantil:

  • The Adventures of Tom Sawyer.
  • The Prince and the Pauper.
  • The Happy Prince
  • Peter Pan
  • The Wizard of Oz
  • The Very Hungry Caterpillar

viernes, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO, LECTURA NA PRAZA

Esta semana saímos á rúa acompañados dunha sorpresa… o libro A ra de tres ollos!
Porque os contos non só para contar na biblioteca ou na clase, senón que se poden desfrutar en calquera lugar!
Ao mesmo tempo, traballamos a reciclaxe con esta fermosa historia, facéndonos responsables dos residuos que producimos.
Pasar o almorzo e o tempo de lecer no Parque da Vila foi toda unha experencia!


viernes, 26 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: CONTOS CANTADOS

 Hoxe tivemos de novo correspondencia nos nosos buzóns, Xeliña enviounos unha invitación moi especial. Mirade.

Pinchando na imaxe da invitación podedes ver o vídeo completo.

Fixérono xenial!!!! Moitas grazas ás nenas e nenos de 6º de infantil.
 


miércoles, 24 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: INSTALACIÓN LECTURA- XOGO LIBRE

Hoxe recibimos unha carta nos buzóns de Xeliña. Quería invitarnos a unha actividade moi divertida que preparou nun espazo novo da biblioteca. 
Estará dispoñible durante esta semana.

A actividade consiste nunha pequena instalación de contos acompañados dunha proposta de xogo relacionada con cada un deles.






Mirade que ben o pasamos estreando este novo espazo!!!







martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: CONTO COLABORATIVO

Durante varias semanas entre todas as nenas e nenos da escola fomos elaborando unha pequena historia titulada "A horta de Xeliña", entre todas e todos pensamos a historia e fixemos as ilustracións. E hoxe, para comnmemorar o Día do libro, levamos o noso conto para a casa.

lunes, 22 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Para comezar esta semana do libro, hoxe fomos ao instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria, onde un grupo de rapazas e rapaces fixeron de madriñas e padriños lectores co noso alumnado de 6º de infantil, encantounos!!!!
Moitas grazas por invitarnos.

 

Pinchando nas imaxes podedes acceder a máis fotos desta actividade.

viernes, 21 de abril de 2023

FESTEXAMOS A SEMANA DO LIBRO

    Para conmemorar o Día do Libro, Xeliña, a nosa mascota, enviounos unha carta ao buzón contándonos que o xoves teríamos na escola unha visita moi especial, unha escritora, Ana Meilán, e que nos deixaba na biblioteca varios contos que escribiu, para que o longo destes días os vaiamos lendo.
Tamén nos comentou que se na casa tiñamos algún conto escrito por ela, que podíamos traelo á escola para que nolo firmase.

E por fin chegou o día, e a nosa biblioteca encheuse duns personaxes moi especiais, Simón e os seus botes de bágoas e a familia Pérez, e así foi como Ana Meilán comezou a contarnos as súas historias.







E por outro lado, a nivel titorías tamén se traballou esta conmemoración, pensando e debuxndo os personaxes do seu conto preferido, incluso Xeliña tamén participou e nos enviou o seu conto preferido e un debuxo para colocar no noso mural.


lunes, 25 de abril de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

    Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro. Para comezar, pedimos a colaboración das familias para que cada nena/o trouxera ao cole o seu conto favorito, puidemos observalos, lelos e fixemos unha foto para compoñer un mural recomendando os nosos contos.

    Outra actividade propúxoa Xeliña, coma fai sempre deixounos unha carta no buzón. Explicounos que o venres teríamos unha sorpresa na aula, e así foi, ese día tiñamos un contacontos moi especial, "A viaxe das bolboretas", empregando para contalo o kamishibai con sombras. 




    E por último, todas as aulas pasamos algúns momentos na biblioteca escolar, lendo, xogando, investigando, facendo teatro,..., na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.