viernes, 20 de junio de 2025
MÁIS ABELLAS
jueves, 19 de junio de 2025
CONTAMOS CONTIÑOS: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
Na clase de 3 anos B rematamos o curso levando un pequeno recordo do noso conto preferido, Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle. E é que este álbum ilustrado foi unha constante ó longo de todo curso para traballar conceptos numéricos, nocións temporais e alimentación saudable nas nosas asembleas diarias. Por iso non foi de extrañar que quixéramos contalo unha e outra vez. Gardaremos sempre o noso pequeno recordo do noso paso de eiruguiñas a bolboretas!
DE OVO A BOLBORETA
miércoles, 18 de junio de 2025
COLECCIONISTAS DE BOLBORETAS
Durante o terceiro trimestre na clase de 5 anos B creamos o noso propio libro de bolboretas. Tras unha votación para escoller cal ía ser o insecto obxecto de estudo, comezamos unha colección de cartas grazas ás que aprendemos datos curiosos sobre unha gran variedade de bolboretas que fomos rexistrando no noso caderno. Hainas para todos os gustos, tan diversas coma nós!
martes, 17 de junio de 2025
MOITA BICHERÍA
Despois dun scape room moi divertido que xa vos ensinamos nunha entrada anterior, por aquí vos deixamos algúns dos traballos relacionados cos insectos que fixemos na clase de 4 anos B durante o terceiro trimestre. Abellas, bolboretas, eirugas, moscas... Foron a nosa inspiración para múltiples creacións e aprendizaxes. Agardamos que vos gusten!
martes, 10 de junio de 2025
GRANXA CASA DA FONTE
domingo, 8 de junio de 2025
CONTAMOS CONTIÑOS, UN LUGAR PERFECTO
martes, 20 de mayo de 2025
DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS
Celebramos o Día Mundial das Abellas. Hoxe aprendemos o importantes que son as abellas para a natureza. A través de contos, cancións, manualidades e xogos, descubrimos como estes incribles insectos axudan a polinizar as flores e a que crezan as froitas e verduras que comemos cada día.
Temén falamos de como podemos coidalas. Non pisar flores, plantar máis plantas na casa e evitar contaminar a súa contorna foron algunhas das ideas que compartimos.
E, xa para rematar, decidimos plantar no noso xardín sementes e flores silvestres, como un agasallo para as abellas.
Foi un día cheo de aprendizaxe e diversión!
martes, 13 de mayo de 2025
E ENTÓN UN XARDÍN
viernes, 9 de mayo de 2025
FLORES E MÁIS FLORES
martes, 6 de mayo de 2025
MÁIS PROPOSTAS PRIMAVERAIS
RETO TRIMESTRAL: UNHA PEDRA PARA O XARDÍN
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes da exposición do reto do segundo trimestre. Agardamos que vos gusten e moitas grazas ás todas as familias por colaborar!
miércoles, 9 de abril de 2025
SEMANA DA PRENSA
viernes, 4 de abril de 2025
BICHOS, COMEZAMOS NOVA AVENTURA CUN SCAPE ROOM
jueves, 27 de marzo de 2025
CONTACONTOS ENTRE RÍAS
Onte tivemos unha visita moi especial, a ilustradora Celia Veiga veu contarnos o seu conto Entre rías e fixemos un obradoiro onde elaboramos os nosos paxariños! Mirade que bonitos!
martes, 25 de marzo de 2025
CONTAMOS CONTIÑOS: QUEDA SITIO PARA MIN?
lunes, 10 de marzo de 2025
COÑECEMOS OS PINGÜÍNS CON TILO
Durante todo o inverno na clase de 4 anos B estivemos investigando e aprendendo acerca dos pingüíns. Tilo, unha nova mascota procedente do Polo Sur, acompañounos nesta viaxe. Con el contamos, limos, escribimos, pensamos, pintamos, etc. Agora xa sabemos o que comen os pingüíns, as súas habilidades como grandes nadadores e como nacen, medran e se reproducen. Tilo súmase a Xeliña na nosa lista de mascotas favoritas!
ANIMAIS POLARES
Na clase de 4 anos A, investigamos sobre os animais que habitan os casquetes polares: pingüíns, osos, raposos árticos, etc. Despois de coñecer, no primeiro trimestre, a Xeliña e os seus amigos e o seu hábitat, o bosque autóctono, estes novos animais achegáronnos a un ecosistema moi afastado da nosa contorna que tamén nos resultou moi interesante e emocionante. Agardamos que vos gusten os nosos traballos e creacións!
viernes, 7 de marzo de 2025
PLANTAS AROMÁTICAS E SOSTIBILIDADE
Hoxe os maiores do cole desfrutaron dun taller incluído dentro do Programa de educación ambiental patrimonio natural da Consellería de Medio Ambiente e cambio climático levado a cabo por Brais.
viernes, 28 de febrero de 2025
QUE VIVA O ENTROIDO! OS MANDADOS DE XELIÑA
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...
%20-%202.png)
%20-%201.png)
-1.png)
%20-%203.png)
%20-%202.png)
%20-%201.png)
%20-%202.png)
%20-%201.png)
%20-%203%20(3).png)
%20-%201%20(6).png)
%20-%202%20(6).png)




.png)





%20-%201-1.png)
%20-%202-1.png)
%20-%206.png)
%20-%202-3.png)
%20-%201-4.png)
.zip%20-%202-1.png)
.zip%20-%201-1.png)
-3.png)