martes, 19 de septiembre de 2023
lunes, 19 de junio de 2023
viernes, 16 de junio de 2023
PASIÑO A PASIÑO FACEMOS CAMIÑO
Hoxe Xeliña convidounos a face run pequeno tramo do camiño de Santigo, de Sarria a Barbadelo, pero non só íamos ter que camiñar...Xeliña deixounos varios traballiños para ir facendo, un era unha credencial que tiñamos que sellar no albergue, como o resto de peregrinos e o outro era unha búsqueda de obxectos que atoparíamos ao longo do camiño.
miércoles, 14 de junio de 2023
DIA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS
Hoxe festexamos na escola o Día nacional das Linguas de Signos Españolas coa axuda de María, a mamá de Xoel.
Fixo varias actividades polas aulas e na biblioteca, creando un libro de animais coa inicial en lingua de signos, para formar parte dos nosos fondos.
Tamén fixo diferentes xogos no patio e para rematar as mestras interpretaron unha canción para o alumnado en lingua de signos.
Pasámolo moi ben.
martes, 30 de mayo de 2023
CONTACONTOS SABELA GAGO
Hoxe ao chegar á escola tiñamos correspondencia de Xeliña, abrimos os buzóns e dentro estaba unha invitación para asistir a un contacontos na biblioteca.
Na hora acordada saímos todos, e alí estaba a gran Sabela Gago, escoitamos de Martín e Martinae creamos maxia co seu lápiz máxico.
Gustounos moito.
jueves, 18 de mayo de 2023
CONVIVENCIA CO CEIP PLURILINGÜE ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ
Hoxe tivemos unha visita moi especial, as nenas e nenos do cole de Oural viñeron a coñecer o nosa escola.
Recibímolos na biblioteca, presentámoslles a Xeliña e contamos un conto. Eles tamén trouxeron a súa mascota, Antolín, que nos escribiu unha carta agradecendo a invitación. Fixéronse moi amigos, intercambiamos agasallos e incluso nos invitaron a ir a coñecer a súa biblioteca.
e para rematar a convivencia apareceu no patio un Mago, deixounos abraiados coa súa maxia.
Grazas por visitarnos.
lunes, 15 de mayo de 2023
FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS
Para conmemorar esta data tan especial, a nosa mascota da biblioteca preparounos unha xincana de xogos. Nos buzóns deixounos unha nota explicándonos os xogos e como tiñamos que facer, estabamos desexando comezar!!
Formamos 8 grupos para ir rotando polos talleres, que son os seguintes:
- Marcapáxinas con flores recollidas polas familias.
- Grafismo creativo para crear a nosa vaixela de Sargadelos.
- Retrato popart de Francisco Fernández del Riego.
- Elaboramos a nosa identificación para o Camiño de Santiago
- Xogamos coa música, con instrumentos tradicionais.
- Xogo da silla a ritmo de Muiñeira.
- Vestimos a Xeliña co traxe tradicional
- Carreira de obstaculos e quebracabezas do autor.
Nas imaxes podedes ver o ben que o pasamos.
CONTAMOS CONTIÑOS: "ESA ES MI FLOR"
Hoxe saímos ao patio a escoitar a historia deste pequeno esquío e o seu amigo páxaro. Sabedes que lles pasou con esta flor?
Despois do conto fixemos un debuxo do que máis nos gustou.
jueves, 11 de mayo de 2023
FAMILIAS QUE CONTAN: UNHA MATÉMATICA E UN COCIÑEIRO
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...




.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)




.jpeg)


.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)



.jpeg)



