Hoxe festexamos na escola o Día nacional das Linguas de Signos Españolas coa axuda de María, a mamá de Xoel.
Fixo varias actividades polas aulas e na biblioteca, creando un libro de animais coa inicial en lingua de signos, para formar parte dos nosos fondos.
Tamén fixo diferentes xogos no patio e para rematar as mestras interpretaron unha canción para o alumnado en lingua de signos.
Pasámolo moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario