Esta semana tocounos despedirnos de Jess, o noso auxiliar de conversa procedente de Filipinas que nos acompañou dende outubro e nos achegou os aspectos máis significativos da súa cultura. Estes últimos días compartiu con nós dous xogos tradicionais do seu país, o piko moi similar á mariola, e o patintero parecido a "polis e cacos". Moitas grazas por este tempo compartido e boa sorte Jess!
viernes, 29 de mayo de 2026
miércoles, 27 de mayo de 2026
CONTAMOS CONTIÑOS, COCORICO
Hoxe o noso elenco de actrices e músicas deleitáronos cunha divertida actuación, converténdose en Cocorico, mamá Galiña e Gato Pelado. Despois Cocorico e a mamá Galiña repartiron o biscoito polas clases e propuxeronlle ó alumnado un novo obradoiro de cociña, biscoito de limón como o do conto. Agora toca esperar para que Xeliña nos deixe a receita no correo, pero primeiro temos que pedirlla cunha carta. Así escribir é moi divertido e emocionante!
viernes, 22 de mayo de 2026
NOVOS RECANTOS NO PATIO
Esta semana estreamos dous recunchos novos no patio, lectura e construción. Están sendo os nosos favoritos!
FAMILIAS QUE CONTAN
Por aquí vos deixamos tres novas entregas da sección familias que contan. Por unha banda, Marta, a nai de Erea, que contou o conto Oito patas na clase de 4º B. Por outra, Diego, o pai de Breixo, que contou Que mal día, gato Klops! e A banda que ninguén coñece na clase de 5ºB. Logo dos contos puideron decorar a Klops, ilustración de Estefanía Padullés. E, para rematar, Jose, pai de Helena, veu contar un conto á súa clase, Telma el unicornio. Tamén nos falou sobre a hixiene ocular. Grazas a todos por vir! Encantounos!
miércoles, 20 de mayo de 2026
OBRADOIRO LUZ NEGRA
Por aquí vos deixamos o obradoiro de luz azul que fixemos na clase de cinco anos B. Con cores fluorescentes fixemos diferentes creacións florais. Encantounos!
martes, 19 de mayo de 2026
EXPOSICIÓN ARTE EN FLOR
Hoxe puido visitarse na nosa biblioteca a derradeira exposición do curso con todas as creacións do reto do terceiro trimestre "Arte en flor". Moitas grazas nenos e nenas e familias polas vosas achegas, menudos artistas!
domingo, 17 de mayo de 2026
AS NOSAS LETRAS, BEGOÑA CAAMAÑO
Hoxe é o día das nosas Letras. Este ano está dedicado a Begoña Caamaño e na nosa escola fixemos un mural colaborativo baseado nas ilustracións de Agustina Shuan para o libro Begoñísima da editora Cuarto de Inverno. Tamén creamos entre todos un xogo de memoria con imaxes relacionadas con aspectos da sía vida. Que vivan as nosas Letras e a nosa lingua!
viernes, 15 de mayo de 2026
A NOSA MÚSICA
Hoxe comezamos os festexos das Letras Galegas dunha maneira moi especial, tivemos de concerto na nosa escola a cargo dalgúns músicos da ESMUSA que nos viñeron a tocar varias pezas de música tradicional galega. Gustounos moito, Moitas grazas!
jueves, 14 de mayo de 2026
AÍ VÉN O MAIO, QUE MAIO É
Hoxe celebramos o Maio, unha festa popular galega que ten lugar ao comezo da primavera, cuxas orixes remóntanse ás civilizacións prerromanas.
Durante as festas realízanse representacións, bailes e cantos arredor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que hoxe en día adoptan formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.
Así de bonito nos quedou o noso maio!
martes, 12 de mayo de 2026
VUELA PLUMA
Hoxe desprazámonos ata Lugo para asistir ó espectáculo teatral "Vuela pluma" no auditorio Gustavo Freire. Encantounos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...
%20-%202(7).png)
%20-%201(6).png)
%20-%201.png)
%20-%202.png)
%20-%201.png)
%20-%202-1.png)
%20-%203.png)
.png)
-1.png)
%20-%202.png)
%20-%201-1.png)