martes, 31 de octubre de 2023

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Ao longo deste días fixemos diferentes actividades relacionadas co Samaín, o día 30 levamos a cabo un taller de cociña, elaboramos magdalenas terroríficas, que decoramos ao día seguinte nun dos talleres propostos.



Tamén, relacionado co PDI deste curso, traballamos unha obra de arte, convertíndonos nos protagonistas do cadro "O berro" de Munch, e aproveitamos estas obras de arte para decorar a entrada da escola. 


Por outro lado, as familias coma sempre trouxeron as súas cabazas decoradas, recreando nelas diferentes obras de arte, quedaron xenial, moitas grazas por participar.

E xa o día 31, festexamos o Samaín na escola cun montón de actividades. Primeiro dividímonos en pequenos grupos interniveis para pasar distintas probas terroríficas, como:
Un bingo terrorífico:

Probas de puntería:

Pócemas coa bruxa Maruxa:

Baile na escuridade:

Decoración das magdalenas terroríficas:


E unha vez superadas toas as probas tocou merendar e festa rachada!!!
Se pinchades na imaxe podedes ver un vídeo de todo o que fixemos.


miércoles, 25 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: MATERIAL FROITOS DE OUTONO

Deixámosvos uns libriños que fixemos para traballar o conto de "Unha merenda de outono" que nos contou Xeliña polo Día das bibliotecas. Podedes descargalos pinchando no título.
Esperamos que vos gusten.






martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: UNHA MERENDA DE OUTONO

 Hoxe é un día moi especial na biblioteca de Xeliña, celebramos o Día das bibliotecas. Xeliña convidounos a ir á biblioteca a escoitar unha historia moi divertida que lle aconteceu sobre unha merenda de outono. 

A parte de contar a historia, fíxonos un xogo con froitos de outono e deixounos para a biblioteca o libro que atopara no bosque.


Nas aulas tamén fixemos unha cara de Xeliña con follas de outono. Mirade que bonitas quedaron.


Xeliña tampouco se esqueceu de deixarnos no buzón coa carta oa carnets da biblioteca, para que nuns días poidamos comezar de novo co préstamo de contos.

E xa para rematar invitounos a todas e todos a unha rica merenda de froitos de outono. Que delicioso estaba todo!!

Grazas Xeliña


lunes, 23 de octubre de 2023

CONTACONTOS: MALETA LILÁ

Ao longo de varios días teremos na escola diferentes obradoiros, organizados dende a ANPA dentro do Plan Corresponsable, para a promoción da igualdade.
Os días 18 e 20 fixeron o primeiro obradoiro, tiveron un contacontos moi especial con @outonia.coop, no que cantamos, bailamos e escoitamos a historia do Monstro rosa.





lunes, 16 de octubre de 2023

OBRADOIRO CON ANXO MOURE

 Hoxe tivemos unha visita moi especial...o contacontos Anxo Moure. Primeiro fixemos un obradoiro de fabricación de corazóns con papel reciclado e a partir das malas novas aparecidas en xornais sobre violencia de xénero, guerra, contaminación...todo isto acompañado dunha sesión de contacontos sobre a solidaridade con monicreques de comercio xusto.

Moitas grazas pola túa visita.






viernes, 6 de octubre de 2023

ARTE EN OUTONO E VENDIMA

Ao longo destas semanas disfrutamos moito creando arte na nosa biblioteca coa temática da vendima e do outono.

 E como a Xeliña lle gustou tanto todo o que fixemos, convidounos a unha actividade moi especial, deixándonos no buzón das aulas esta carta.


Mirade que ben o pasamos!!! Grazas Xeliña.