jueves, 21 de diciembre de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 Para rematar ben o trimestre, hoxe tivemos unha visita moi especial: "O Apalpador".Pasámolo xenial na biblioteca escoitando as súas historias e bailando con él. 

E para rematar o día cun bó sabor de boca, fixemos unha merendola no comedor e con gran final tocamos as badaladas de fin de ano.

Se pinchades na imaxe podedes acceder ao instagram da escola.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

FESTIVAL DE NADAL: POR UN ANO DE CINE

 Un ano máis preparamos un bonito festival de Nadal, onde poden vir a vernos as familias. Este curso, relacionado co noso PDI: "arte en xogo", centramos a temática do festival no cine.

Pinchando na imaxe podedes ver un vídeo de como foi.


Moitas grazas ás familias por asistir e sobre todo aos nosos/as pequenos/as artistas por disfrutar tanto.

jueves, 14 de diciembre de 2023

AS TRANADAS DE XELIÑA

Hoxe entramos na escola e atopámonos a Xeliña así...


Despóis vimos que nos buzóns había unha carta e un conto de Nadal, ahí ven explicado o que está pasando e o que temos que facer.



Agora só nos toca disfrutar das súas trasnadas e calmala lendolle o conto que nos deixa cada día.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

TALLERES DE NADAL NA BIBLIO

Estos días estamos facendo diferentes talleres na biblioteca e nas aulas, relacionados co Nadal, como:
- Adornos para a nosa árbore de nadal: con cartón, paus, témperas e pegatinas elaboramos estas bonitas árbores para decorar a nosa casa.






- Xogos de Nadal: Xeliña deixou hoxe nos buzóns unha carta propoñéndolles unha serie de xogos de Nadal: coser, ensartar bolas, facer trazos, pegar boliñas de papel,...Pasámolo xenial!!









RETO TRIMESTRAL: RETRATARTE

 Este curso continuamos cos retos trimestrais de Xeliña, e este trimestre tocounos...


As familias puxéronse mans a obra e trouxeron á escola os retratos, cos todos eles enchemos as paredes e estanterías da biblioteca. A Xeliña encantoulle.
E para que todas as familias puidesen ver as obras de arte que fixeron, enviamos unha invitación para que poidan vir a ver a exposición.
Moitas grazas de novo pola vosa colaboración.











martes, 12 de diciembre de 2023

CALENDARIO ESTIÑO

Un ano máis a nosa escola participou, xunto con outros coles de Galicia, na elaboración do calendario solidario que coordina o colectivo Pedagóxico Estiño.

Este ano o tema foi a Olería. Mirade que ben quedou.

lunes, 11 de diciembre de 2023

TALLER RECICLAXE NA BIBLIOTECA

Coma todos os cursos Xeliña propúxonos unha actividade moi divertida, reciclar papel para facer as nosas postais de Nadal. Primeiro repasamos como tiñamos que facer o papel. Cortamos anacos e deixámolos en auga un día, ao día seguinte batimos e mans a obra.






Deixamos a secar o papel e cando xa estaba listo comezamos a facer as postais.





E este é o resultado final. Mirade que bonitas!!!


martes, 5 de diciembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: TALLER E CONTACONTOS

Para conmemorar este día, fixemos varias actividades na escola.
A primeira foi a visita de Cogami, que viñeron facer un taller no que aprendemos moito sobre a diversidade xunto co elefante Pepón, Niki o león e a mona Beba.
Mirade que ben o pasamos!



E outra actividade consistiu nun contacontos, "O cazo de Lorenzo", primeiro contámolo, falamos sobre él, e para poñernos no seu lugar escenificámolo, e aprendemos que cando o caciño atranca somos capaces de desantrancalo xuntos para axudar.