martes, 25 de noviembre de 2025

ANXO MOURE, CONTOS POLA IGUALDADE

O 25de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Hoxe na escola tivemos unha visita moi especial, Anxo Moure veu cargado de historias cheas de igualdade e de paz, e inspirándonos na súa árbore atrapacontos, tecemos os nosos corazóns da igualdade.






viernes, 21 de noviembre de 2025

OS XOGOS DA CASTAÑA

Días de outono e sesións de psicomotricidade de xogos tradicionais coa teacher Pili. Pasámolo en grande!




jueves, 20 de noviembre de 2025

O XARDÍN DOS DEREITOS, DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque se cumpla en calquera lugar. Na nosa escola creamos un mural botánico colaborativo e consultamos o libro Declaración de los derechos del niño de Jordi Sierra i Fabra. Porque todos os nenos e nenas teñen Dereitos!

 



miércoles, 19 de noviembre de 2025

PINTURAS NATURAIS, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, así que Xeliña converteu a da nosa escola nun laboratorio. Alí ampliamos os nosos coñecementos de botánica creando un abano de pinturas naturais con hortalizas (remolacha, col lombarda e cúrcuma). Foi xenial!



martes, 18 de noviembre de 2025

Ao longo destas semanas, Jess, o noso auxiliar de conversa deste curso, procedente de Filipinas, ensinounos cousiñas importantes da súa cultura: a bandeira, comida típica, festividades, deporte…
Encantounos!



 

viernes, 14 de noviembre de 2025

O NOSO MAGOSTO

Hoxe na nosa escola festexamos o Magosto, puidemos ver como se asan as castañas, cantamos un pouquiño e fixemos unha rica merenda. Moitas gracias a Panaderia Pallares por botarnos unha man co asado das castañas, estaban no punto!


martes, 11 de noviembre de 2025

COCIÑANDO VALORES DE IGUALDADE

Con motivo da conmemoración do 25N, a Concellería de Igualdade e o CIM trouxéronnos a Javier Carriòn, o cal a través de moita maxia e creatividade axudounos a traballar valores tan importantes de afianzar nestas primeiras idades como a igualdade, inclusión, respeto… Todos eles imprescindibles para o obxectivo que perseguimos: a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Moitas grazas!

viernes, 7 de noviembre de 2025

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe as nenas e nenos de 3 años B tiveron unha visita moi especial. Alba, a nai de Iván, veu falarlles da súa profesión, enfermeira. Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben. Grazas pola visita!


jueves, 6 de noviembre de 2025

COMEZAMOS O PRÉSTAMO

Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alumnado poida levalo a cabo de forma autónoma empregamos unha libreta de rexistro na que poden verse as portadas dos exemplares. Recordade que podedes consultar o catálogo da nosa biblioteca na seguinte ligazón. https://eeixelaarias.edubib.xunta.gal/

Desfrutade da lectura en familia!