viernes, 19 de junio de 2026

DÁLLE RITMO Ó VERÁN

Rematamos o curso con moito ritmo. Na derradeira festa o noso alumnado puido rotar por diferentes postos: baile de disfraces, obradoiro de colares, decoración de camisetas e pintura mural. Foi moi divertido! Vémonos en setembro!






jueves, 18 de junio de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

No mes de xuño as familias contaron moito. Por aquí vos deixamos unha pequena mostra. Grazas a todos e todas por vir compartir tempo con nós! Ata o curso que vén! 





XELIÑA RECOMENDA

Por aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Felices vacacións!

 

martes, 16 de junio de 2026

CAMBIA O CONTO, ACTUACIÓN MUSICAL

Hoxe desfrutamos dun divertido espectáculo, "Cambia o conto" de Música Miuda. Pasámolo en grande. Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración e a Xoaniña Creativa por facernos desfrutar dos contos e a música.

 

lunes, 8 de junio de 2026

O BISCOITO DE COCORICO

Esta semana convertémonos en auténticos/as cociñeiros/as! Despois de coñecer o conto Cocorico, puxemos o mandil e seguimos a receita para preparar un delicioso biscoito de iogur.

🥚 Batemos os ovos
🥄 Mesturamos os ingredientes
🍋 Engadimos a reladura de limón
🤝 Traballamos en equipo e compartimos tarefas

Foi unha experiencia chea de aprendizaxes, na que practicamos a lectura de receitas, a medición de cantidades, a motricidade fina e, sobre todo, a colaboración entre compañeiros/as.

O mellor chegou ao final: degustar o noso biscoito caseiro!

miércoles, 3 de junio de 2026

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Pablo, o pai de Helvia e Xiana. Veu para explicarnos como viven as abellas e como se produce o mel.

Trouxo diferentes materiais que utiliza no seu traballo, como o traxe de protección, os luvas e o afumador. Contounos que as abellas son moi importantes para a natureza porque axudan a polinizar as flores e os cultivos.

Tamén nos ensinou un panal e puidemos observar como almacenan o mel. Aprendemos que nunha colmea viven miles de abellas e que cada unha ten unha función diferente.

Ao final da charla fixemos preguntas e deixounos mel e pole para probar, tamen nos trouxo un agasallo para cada un. Foi unha experiencia moi interesante e divertida, e aprendemos moitas cousas sobre o mundo das abellas.

Moitas grazas! Encantounos!

martes, 2 de junio de 2026

AVENTURA BOTÁNICA, EXPERTAS POLINIZADORAS

O longo deste trimestre, nas aulas de 3 anos estamos a aprender moito das grandes polinizadoras do mundo botánico, as abellas.  A través de contos, cancións, manualidades e xogos, descubrimos como estes incribles insectos axudan a polinizar as flores e a que crezan as froitas e verduras que comemos cada día. 
Tamén falamos de como podemos coidalas, como nacen, onde viven, como se organizan e unha chea de datos curiosos destes pequenos bechos, sobre todo cales son as súas flores e plantas favoritas. 


AVENTURA BOTÁNICA EN FLOR

Ó longo deste trimestre nas aulas de 4 anos estamos aprendendo moito sobre as flores. Con todo o aprendido estamos creando un pequeno inventario no que incluímos as nosas flores preferidas. Tamén as estamos interpretando mediante diferentes técnicas plásticas e, por suposto, non deixamos de contar, ler e escribir empregando as flores como centro de interese. Menuda colección botánica!







DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, RUTA POLAS ACEAS

Como o día 5 de xuño se celebra o Día Mundial do Medioambiente, hoxe percorremos a fermosa ruta das Aceas, que descorre pola nosa vila. Como non podía ser doutro xeito, neste curso de "Aventura botánica" fixemos o camiño mentres falabamos sobre as árbores e plantas da nosa contorna.
Rematamos a andaina cunha merenda e xogos no parque do Chanto.
Un día para valorar e disfrutar do noso entorno, sempre de xeito respetuoso.