martes, 14 de junio de 2022

DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

     Hoxe, 14 de xuño, gracias a María, puidemos conmemorar este día, intentamos concienciar a toda a comunidade educativa da importancia destas linguas, e para esto, fixemos todas estas actividades.

   María, mediante unha presentación, explicounos como era a vida das persoas xordomudas, como facían para despertarse, para escoitar o choro do seu bebé, para chamar a outras persoas, etc. E tamén nos aprendeu uns signos moi faciliños, saúdos, nomes da familia, animais e cores.










Despois disto en cada aula, fixemos unhas mans co nome en lingua de signos, mirade que fermosas nos quedaron.

Despois do recreo seguimos coas actividades, esta vez as profes, xunto con María e Eva a nosa intérprete, cantamos a canción do Monstruo das Cores en lingua de signos, pasámolo moi ben.

      

 E xa para rematar esta xornada, fixemos un xogo cooperativo no patio, o xogo do elefante. Que divertido foi todo!!! E canto aprendemos.

miércoles, 8 de junio de 2022

A QUE XOGAMOS? XOGAMOS TODOS

     Onte, por medio da ANPA da nosa escola, tivo lugar na nosa escola un obradoiro moi divertido, da man de Branca Villares e o seu axudante (de Fapacel Lugo). Puidemos aprender varias cantigas e bailes, acompañados de instrumentos como o bombo e a gaita. Pasámolo en grande.