Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2026

OBRADOIROS DE ENTROIDO

Ó longo desta semana de Entroido a nosa biblioteca converteuse no centro neurálxico de diferentes obradoiros polos que fomos pasando cada un dos grupos. O primeiro deunos a coñecer, como se pode ver nas imaxes, diferentes personaxes do Entroido tradicional galego.



Tamén houbo un posto de maquillaxe e tatuaxes que nos permitiu converternos nas personaxes que máis nos gustan: Xeliña, arcos da vella, unicornios...



Así mesmo, decoramos as nosas antifaces para levar para a casa un recordo desta semana tan divertida e festeira.


Paralelamente, nas aulas puidemos xogar cunha chea de disfraces e complementos de moitas cores. Por suposto, non faltou a música.



E para rematar, convertemos a biblioteca nun obradoiro de roscas para fornear que puidemos degustar xunto con outros manxares na festa do venres. Pásamolo moi ben! Que viva o noso Entroido!



MANDADOS DE XELIÑA

Ó longo da semana do Entroido Xeliña, coa axuda de diferentes hortalizas e herbas, foinos pedindo que trouxéramos complementos moi divertidos. Para rematar, o venres tivemos unha festa na que puidemos lucir os nosos disfraces favoritos. Pasámolo moi ben!


viernes, 6 de febrero de 2026

O NOSO ENTROIDO

Comezamos un entroido cheo de peliqueiros. Agardamos que vos guste a nosa interpretación deste traxe tan característico do entroido galego. O calendario Estiño deste ano inspirounos moito!

lunes, 15 de diciembre de 2025

CALENDARIO SOLIDARIO ESTIÑO

Xa podedes comprar o calendario solidario Estiño, creado con debuxos característicos do Entroido galego feitos polos nenos e nenas da nosa Escola e doutros centros educativos.Todo o recadado é para a ONG AXUNICA que coopera no desenvolvemento económico e social de Nicaragua. Moitas grazas pola vosa colaboración!


 

viernes, 28 de febrero de 2025

QUE VIVA O ENTROIDO! OBRADOIROS CREATIVOS

Durante a semana do Entroido desfrutamos cada día dun obradoiro diferente. Agrupándonos por niveis acudimos a diferentes espazos da escola para facer creacións con materiais e soportes moi variados. 

O luns decoramos as nosas fotografías en branco e negro  para darlles un aire festivo propio destas datas empregando diferentes cores e a técnica do collage. Co resultado final decoramos a entrada da escola. Quedou moi colorida!


O martes puxémonos por parellas para maquillarnos seguindo diferentes modelos ou botándolle imaxinación. Foi moi divertido!


O mércores creamos uns antifaces empregando pintura fosforescente, unha pintura moi especial que brilla nun ambiente alumeado por luz negra. Encántounos!


E para rematar, o xoves cociñamos roscas seguindo os pasos da receita que estaba escrita no encerado do comedor. Estas roscas comémolas na festa do venres. Foi xenial! 

QUE VIVA O ENTROIDO! OS MANDADOS DE XELIÑA

Ó longo da semana do Entroido Xeliña, coa axuda de diferentes animais, foinos pedindo que trouxéramos complementos moi divertidos. Para rematar, o venres tivemos unha festa na que puidemos lucir os nosos disfraces favoritos. Como veredes no vídeo, pasámolo moi ben!






viernes, 2 de febrero de 2024

A SEMANA DE ENTROIDO

 Ao longo desta semana festexamos o entroido na nosa escola. Para comezar elaboramos un mural moi colorido coas nosas caras para adornar a entrada, mirade que bonito.

Tamén cada día da semana tiñamos unha carta no buzón onde Xeliña nos indicaba como tiñamos que vir ao día seguinte, con roupa de cores, un bonito tocado,...


E xa para rematar tocou o esperado desfile pola alfombra vermella, e posterior merenda de Entroido e baile. Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo. 

jueves, 1 de febrero de 2024

CONTAMOS CONTIÑOS: ENTROIDO

 Nesta semana de Entroido Xeliña recomendounos 2 contos que traballamos nas aulas. "Quiero ser como tú" Os animais da sabana despois de decidir cambiar, rematan a súa aventura cunha festa de disfraces!


E o outro "mil personaxes podes ser" de Ana Meilán. Despóis de contalo cada nena e neno escolleron o animal que lles gustaría ser e fixeron este bonito traballo.

lunes, 20 de febrero de 2023

FESTEXAMOS O ENTROIDO

 Ao longo desta semana festexamos na nosa escola o Entroido. Para comezar, nos nosos buzóns das aulas Xeliña deixounos unha carta coas consignas para cada día.


Polo que dende o luns fixémoslles caso e con distintos complementos aparecemos na escola. E para rematar a semana cada nena/o escolleu o seu disfraz preferido e a disfrutar do noso desfile e festa de entroido.
                   
 




E como aínda quedamos con gañas de festa o domingo saímos en comparsa pola nosa vila. Pasámolo en grande!!!



jueves, 3 de marzo de 2022

FESTEXAMOS O ENTROIDO!!

    Ao longo desta semana festexamos o entroido por todo o alto, seguindo as consignas que Xeliña nos deixaba no buzón das aulas para cada día, facendo manualidades para adornar a nosa escola relacionadas co entroido tradicional galego e por suposto rematando cun gran desfile de disfraces e unha gran festa.

No vídeo podedes ver todo o que fixemos, esperamos que vos guste, nós pasámolo moi moi ben.