viernes, 28 de febrero de 2025

QUE VIVA O ENTROIDO! OBRADOIROS CREATIVOS

Durante a semana do Entroido desfrutamos cada día dun obradoiro diferente. Agrupándonos por niveis acudimos a diferentes espazos da escola para facer creacións con materiais e soportes moi variados. 

O luns decoramos as nosas fotografías en branco e negro  para darlles un aire festivo propio destas datas empregando diferentes cores e a técnica do collage. Co resultado final decoramos a entrada da escola. Quedou moi colorida!


O martes puxémonos por parellas para maquillarnos seguindo diferentes modelos ou botándolle imaxinación. Foi moi divertido!


O mércores creamos uns antifaces empregando pintura fosforescente, unha pintura moi especial que brilla nun ambiente alumeado por luz negra. Encántounos!


E para rematar, o xoves cociñamos roscas seguindo os pasos da receita que estaba escrita no encerado do comedor. Estas roscas comémolas na festa do venres. Foi xenial! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario