Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de noviembre de 2025

OS XOGOS DA CASTAÑA

Días de outono e sesións de psicomotricidade de xogos tradicionais coa teacher Pili. Pasámolo en grande!




martes, 7 de octubre de 2025

O OUTONO DÁ OS SEUS FROITOS

Como xa sabedes o outono é a estación preferida de Xeliña, por iso nos deixou nas aulas un platiño con froitos do outono, puidemos tocalos, aprender o seu nome, clasificalos, cheiralos e incluso probalos! Moitas grazas Xeliña.



viernes, 26 de septiembre de 2025

O OUTONO XA CHEGOU

Esta semana démoslle a benvida ó outono na escola. Esta estación tan colorida sérvenos de pretexto para avanzar na nosa aprendizaxe botánica xa que nela as follas dalgunhas árbores cambian de cor e caen. Tamén continuamos ampliando o noso vocabulario coñecendo unha morea de obxectos relacionados co outono e progresamos nas nosas habilidades lóxicas e de conteo. Mirade, mirade!





jueves, 21 de noviembre de 2024

FAMILIAS QUE CONTAN, EN ANIMALANDIA

Este mes recibimos a tres nais de nenas das clases de 5º de educación infantil que nos achegaron con diferentes actividades ó mundo do animais. 

Na clase de 5º A comezamos por unha afastada viaxe ó corazón de África co conto O elefante que perdeu o seu ollo, para rematar escoitando o conto dun animal máis cercano, o gato Misifú, mascota dunha das alumnas. 




Por outra banda, na clase de 5º B fixemos uns ourizos con material de refugallo e empregando un elemento moi típico desta época do ano, follas secas. Mirade canto se parecen ó noso amigo Púas!

miércoles, 13 de noviembre de 2024

QUE VIVA O MAGOSTO!

Hoxe celebramos o Magosto. Preparamos o lume e asamos as castañas. E despois de comelas, desfrutamos de xogos no patio, onde grandes e pequenos xogaron xuntos nas diferentes propostas.

Para o ano, mais e mellor!



martes, 12 de noviembre de 2024

XORNADAS MICOLÓXICAS

Hoxe visitamos a exposición organizada pola Asociación Micolóxica de Sarria na Casa da Cultura. Había cogomelos de formas, cores e tamaños moi diferentes. Mesmo eran moi distintos nas súas propiedades. Tamén aprendimos algúns consellos que hai que ter en conta á hora de apañalos. Aprendemos moito e pasámolo moi ben!




jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

Despois do marabilloso contacontos de Xeliña e os seus amigos, recollimos follas e fixemos uns marcapáxinas outonais. Agardamos que vos gusten!



lunes, 21 de octubre de 2024

A FESTA DO OUTONO

Para celebrar a chegada do outono e aproveitando a proximidade do Día das Bibliotecas, Xeliña deixounos unha carta no buzón para convidarnos á biblioteca a escoitar unha historia de amizade e cooperación que aconteceu mentres ela e os seus amigos preparaban o souto para o outono. Como non podía ser doutro xeito, o conto rematou cun banquete compartido e tivemos a oportunidade de saborear os froitos desta tempada, que delicia!