Este mes recibimos a tres nais de nenas das clases de 5º de educación infantil que nos achegaron con diferentes actividades ó mundo do animais.
Na clase de 5º A comezamos por unha afastada viaxe ó corazón de África co conto O elefante que perdeu o seu ollo, para rematar escoitando o conto dun animal máis cercano, o gato Misifú, mascota dunha das alumnas.
Por outra banda, na clase de 5º B fixemos uns ourizos con material de refugallo e empregando un elemento moi típico desta época do ano, follas secas. Mirade canto se parecen ó noso amigo Púas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario