Mostrando entradas con la etiqueta papel reciclado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta papel reciclado. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2025

CIENCIA E ARTE SOSTIBLES, POSTAIS DE PAPEL RECICLADO

Como todos os cursos, un dos obradoiros do mes da ciencia na biblioteca foi o de papel reciclado para facer as nosas postais de Nadal. Aquí podedes ver un vídeo do proceso: picamos papel, deixámolo en auga, batemos, e facemos o papel de novo, deixamos secar e listo! Tamén podedes ver o resultado final. Agardamos que vos guste!




martes, 3 de diciembre de 2024

CIENCIA PARA COIDAR O PLANETA

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego e na nosa escola aproveitamos para darlle unha segunda vida ó papel. Co noso tradicional obradoiro de papel reciclado os nenos experimentan as propiedades do papel e a auga nun proceso de transformación co que pretendemos facernos conscientes da importancia da reciclaxe para o coidado do noso planeta. 

Coma en cursos anteriores, os anacos de papel resultantes do obradoiros serán o soporte das postais de Nadal. Poderedes velas en futuras entradas!



lunes, 11 de diciembre de 2023

TALLER RECICLAXE NA BIBLIOTECA

Coma todos os cursos Xeliña propúxonos unha actividade moi divertida, reciclar papel para facer as nosas postais de Nadal. Primeiro repasamos como tiñamos que facer o papel. Cortamos anacos e deixámolos en auga un día, ao día seguinte batimos e mans a obra.






Deixamos a secar o papel e cando xa estaba listo comezamos a facer as postais.





E este é o resultado final. Mirade que bonitas!!!