viernes, 29 de octubre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN

    Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para festexar o Samaín. Dende a biblioteca do colexio, a nosa mascota Xeliña propúxonos un conto moi divertido para traballar, "Como mola a túa vasoira". Comezamos decorando a entrada con imaxes do conto e pouco a pouco as familias foron traendo as súas vasoiras terroríficas, enchendo así o noso aparcadoiro de vasoiras. 
E xa para rematar esta semana terrorífica, Xeliña deixounos unha carta no buzón invitándonos a ir ao patio da escola, alí esperábanos unha gran sorpresa..., contamos o conto e ao final apareceu a bruxa e fixo un conxuro moi divertido.
Pasámolo moi ben!!! 

domingo, 24 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

    Hoxe é o día das bibliotecas e na nosa escola celebrámolo con Xeliña, a nosa mascota, a cal nos convidou a un contacontos moi especial, no que nos explicaba como chegara a nosa biblioteca.

Ao chegar ao cole as nenas e nenos viron a pegada de Xeliña no seu buzón e sabían que tiñan correspondencia….eran as entradas para o contacontos, e un marcapáxinas para cada un. 

Dentro dun cachiño teríamos que ir a biblioteca e entregar as entradas e prepararnos para escoitar a súa historia.

Ela e os seus amigos fixéronnos pasar un ratiño moi divertido, encantounos!!!


Estede moi atentos para próximas invitacións!!!