viernes, 30 de enero de 2026
PAZ É PRANTAR UNHA ÁRBORE
jueves, 30 de enero de 2025
DÍA DA PAZ: OLLADAS DE PAZ E O PARAUGAS DE XELIÑA
Hoxe celebramos na escola o Día da Paz e a non violencia. Para agradecernos o mural co que decoramos a entrada cheo de Olladas de Paz, Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, no que escoitamos "O paraugas de Xeliña" unha historia baseada no libro El paraguas de cebra que nos fala da importancia da amizade, a amabilidade e a convicencia pacífica independentemente da nosa "especie" ou procedencia.
E para rematar, entre todos cantamos a canción "A peor xogada" creada pola banda A música das baleas no CEIP de Caión.
lunes, 29 de enero de 2024
PARA NÓS A PAZ É...
A nosa mascota Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca, "El Libro de la Paz" de Todd Parr. Reflexionamos sobre o que é a paz para nós, fixemos fotos representando as ideas que xurdiron e levamos para casa a nosa versión do libro. Tamén elaboramos un vídeo con esas imaxes, e deixamos un exemplar do conto na biblioteca! Seguro que a Xeliña lle encanta.
jueves, 2 de febrero de 2023
O WOODPECKER E O MAPLE SYRUP
Como agradecemento polas nosas boas ideas para cambiar o mundo Xeliña agasallounos cun contacontos dunha historia que aprendeu na súa viaxe por Canadá, The woodpecker and the Maple Tree (O peto e o pradairo). Trátase dunha historia de axuda e colaboración que explica a orixe do Maple Syrup (xarope de pradairo).
Ademais, Xeliña tamén nos deu unha receita de pancakes (tortitas) para que puidéramos probar o xarope que nos trouxo de Canadá. Estaban boísimas!
MANS PEQUENAS CAMBIAN O MUNDO (DÍA DA PAZ)
Para conmemorar o Día Escolar da non violencia e a Paz, creamos un mural colaborativo con diferentes propostas e compromisos para facer do noso planeta a Terra un lugar mellor. Ademais, cada un de nós fixo o seu colgadoiro como recordo das nosas boas aportacións, así non esqueceremos nunca que "Mans pequenas cambian o mundo".
jueves, 3 de febrero de 2022
O PARAUGAS DE XELIÑA
Dende o equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega, propuxemos esta actividade para conmemorar o día da paz.
Nos buzóns das aulas foron aparecendo unhas cartas de Xeliña invitádonos a unha sesión de contacontos na biblioteca. Esta vez era unha historia chea de valores como a aceptación, diversidade, amizade, confianza... Xeliña e o seu paraugas ían recollendo e axudando ao resto dos seus amigos. No paraugas de Xeliña hai sitio para todos!
lunes, 31 de enero de 2022
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Coma todos os anos, conmemoramos este día ao longo de todo o curso, pero traballamos un pouquiño máis en concreto para o 30 de xaneiro, por iso decidimos facer este vídeo tendo en conta a letra da canción "una receta de paz", coas voces das nosas nenas e nenos.
Esperamos que vos guste e que enchades as vosas vidas destes ricos ingredientes.
-
Hoxe celebramos o Samaín na nosa escola. Recibimos no correo unha carta de Xeliña xunto cun ingrediente para a elaboración dunha "apóce...
-
Hoxe é o Día Universal da Infancia. No mundo no que vivimos é moi importante recordar a Declaración de Dereitos da Infancia e loitar porque ...
-
Esta semana nas clases de quinto e sexto comezamos unha das nosas actividades favoritas, o préstamo de libros da biblioteca. Para que o alum...
%20-%201.png)
%20-%202.png)
%20-%203.png)
%20-%204.png)
-1.png)










