jueves, 21 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA: A AMIZADE

Hoxe festexamos o día da poesía, e como os anos pasados foi unha celebración conxunta con todos os centro educativos da contorna. 
Este ano foi na honra de Eduado Rey Moure, mestre encargado anos anteriores de organizar este evento.
Escolleuse o tema da amizade e a nosa escola participou facendo un pequeno baile do poema "Cantarola dos nenos" de Xosé Neira Vilas.



E como premio final tivemos un ratiño de xogo no parque.


miércoles, 20 de marzo de 2024

RETO TRIMESTRAL: ARTE E SABOR

Xeliña envíou unha invitación ás familias da escola para poder vir a visitar a exposición dos traballos que fixeron neste reto.

Mirade que obras de arte!!!










Moitas grazas pola vosa colaboración.

martes, 19 de marzo de 2024

CINE: VALENTINA

Seguindo a temática do PDI deste curso "Arte en Xogo" quixemos realizar unha saída ao cine. 

 Eleximos a película de "Valentina", coincidindo coa semana na que se conmemora o Día Mundial do Sindrome de Down.

Desfrutamos moito da película e ata bailamos nos créditos finais lembrando o baile do festival de Nadal. Despois saímos a merendar ao parque.

Pasámolo en grande!

Pinchando na imaxe podedes ver un pequeno vídeo da saída.

jueves, 14 de marzo de 2024

MULLERES ARTISTAS: 8 MARZO

 Para conmemorar este día tan importante, Xeliña enviounos unha carta explicándonos o que significaba o 8 de marzo, tamén nos resentou a catro mulleres artistas ( Fen Mugüerza, escultora, Yoli García, ilustradora, Anni Albers, tecedora e Matilde Ucelay, arquitecta)  e propúxosenos talleres sobre elas. 

Imos a convertirnos en escultoras e escultores, arquitectas/os, tecedoras/es e ilustradoras/es, mirade que ben o pasamos e que traballos tan bonitos nos quedaron.







jueves, 7 de marzo de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTURA E MANUALIDADES: 8 MARZO

Xeliña recomendounos estes contos para conmemorar este día...


E tamén en cada aula fixemos unha pequena manualidade para levar para a casa.

miércoles, 6 de marzo de 2024

AS NOVAS DO XELA

Esta semana, con motivo da semana da prensa, traballamos con periódicos na aula, buscamos letras, números, aprendemos as partes dunha noticia,.., e moitas cousas máis.



 E ata saímos na prensa!!!

E despóis deste traballo decidimos facer nós un xornal, o noso xornal. Cada aula pensou unha noticia e púxose mans a obra. Con todas elas démoslle vida ao xornal número 1 do Xela Arias, titulado "As novas do Xela".

Pinchando na imaxe podedes descargar o Xornal.

E para dalo a coñecer, ademáis de lavalo para a casa, saímos pola nosa vila e repartimos varios exemplares, para que todos coñezan as novas da nosa escola.
Moitas grazas a todas e todos.


viernes, 1 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA: REVOLTO DE CHAMPIÑÓNS

 Despois de moitos días de investigación o proxecto dos cogomelos chegou ao seu fin cunha receita deliciosa. 

Convidamos ao alumnado da outra clase a probar o revolto de champiñóns  e eles ensináronnos o conto que crearon entre todos ao longo destas semanas.






Se queredes ver un exemplo do noso libro dos cogomelos premede na seguinte imaxe. Agardamos que vos guste!