Para conmemorar esta data tan especial, a nosa mascota da biblioteca preparounos unha xincana de xogos. Nos buzóns deixounos unha nota explicándonos os xogos e como tiñamos que facer, estabamos desexando comezar!!
Formamos 8 grupos para ir rotando polos talleres, que son os seguintes:
- Marcapáxinas con flores recollidas polas familias.
- Grafismo creativo para crear a nosa vaixela de Sargadelos.
- Retrato popart de Francisco Fernández del Riego.
- Elaboramos a nosa identificación para o Camiño de Santiago
- Xogamos coa música, con instrumentos tradicionais.
- Xogo da silla a ritmo de Muiñeira.
- Vestimos a Xeliña co traxe tradicional
- Carreira de obstaculos e quebracabezas do autor.
Nas imaxes podedes ver o ben que o pasamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario