Co fin de conmemorar a loita pola igualdade de xénero cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e dende a nosa escola traballámola desta maneira.
Xeliña deixounos no buzón un xogo de puzzles para coñecer a diferentes mulleres pioneiras galegas, sacadas do libro PIONEIRAS, montamos os puzzles e traballamos un pouquiño no que consistía cada profesión, tamén falamos da importancia de que todas e todos podemos facer o que queiramos. E para rematar montamos un mural con todas elas.
A parte disto, na biblioteca, Xeliña tamén nos deixou un montón de contos para seguir aprendendo cousiñas sobre o tema, escollemos algúns e fixemos varias sesións de contacontos.
E xa por último para levar un pouquiño do feito para a casa elaboramos un tríptico con estas mulleres pioneiras e tamén falamos do que nos gustaría ser e fixemos un debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario