lunes, 27 de mayo de 2024

CONVIVENCIA CO CEIP FREI LUIS DE GRANADA

 Hoxe fomos de visita a un cole moi especial, "ao cole de maiores", o noso novo cole para o curso que ven.

Ao chegar recibíronnos Begoña e Pamela, e xunto con Noemí, a mestra de Educación Física, ensináronnos distintos espazos do colexio, as nosas futuras aulas, a aula de música e o ximnasio, no cal puidemos xogar un pouco. Encantounos!!!







Despóis xuntámos na biblioteca coa aula de 5 anos, os cales serán as nosas futuras e futuros compañeiras/os. E alí coas mestras de Infantil, escoitamos unha bonita historia, "Espiando aos maiores", foi moi divertido.

A continuación fomos a merendar todos xuntos e despóis a xogar no patio, pero antes do xogo tocou bailar e cantar a canción de amiguiños todos.

Pasámolo moi ben.

Moitas grazas ao profesorado do CEIP Frei Luis de Granada por acollernos tan ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario