Para conmemorar este día a nosa mascota Xeliña deixounos nos buzóns unha carta invitándonos á biblioteca a escoitar a unha gran amiga súa, Ángeles Alvariño, unha gran oceanógrafa, e outros documentos e materiais para facer un experimento.
Ángeles Alvariño explicounos un pouco cal era o seu traballo, e as dificultades que tuvo por ser muller. Falounos de que lle encantan os animais, sobre todo os do océano, e tamén, que outra cousa que lle gustaba moito era ler contos, porque súa mamá de pequena líalle moitos, o seu preferido é "Riciños de ouro e os tres osiños".
E como a nós tamén nos gustan moito decidiu contárnolo e despóis propoñernos un experimento con osiños de gominola, para convertilos en pequeno, mediano e grande coma no conto.
Despóis regresamos ás aulas e collemos os materiais que xa nos deixara Xeliña para facer o experimento: auga, vasos, sal e osiños de gominola. Metemos cada osiño nun vaso como nos dixo Ángeles Alvariño e falamos de que lles pasaría en cada vaso, apuntando as ideas que se nos ocurrían.
Ahora tocaba esperar ao día seguinte e mirar que sucedía.
E ao día seguinte.....os osiños cambiaron de tamaño!!! e para recordar o experimento plasmámola nunha fichiña que nos deixara Xeliña.
Coloreamos un osiño pequeno, un mediano e un grande e pegámolos no vaso correspondente. E falamos de porque pasou eso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario