Ao longo destas semanas, Jess, o noso auxiliar de conversa deste curso, procedente de Filipinas, ensinounos cousiñas importantes da súa cultura: a bandeira, comida típica, festividades, deporte…
Hoxe na nosa escola festexamos o Magosto, puidemos ver como se asan as castañas, cantamos un pouquiño e fixemos unha rica merenda. Moitas gracias a Panaderia Pallares por botarnos unha man co asado das castañas, estaban no punto!
Con motivo da conmemoración do 25N, a Concellería de Igualdade e o CIM trouxéronnos a Javier Carriòn, o cal a través de moita maxia e creatividade axudounos a traballar valores tan importantes de afianzar nestas primeiras idades como a igualdade, inclusión, respeto… Todos eles imprescindibles para o obxectivo que perseguimos: a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Moitas grazas!