Ao longo desta semana Xeliña foi aparecendo nas aulas para presentarse e traernos un agasallo que utilizaremos ao longo de todo o curso, un buzón, que usará para comunicarse con nós e pedirnos axuda para levar a cabo as distintas actividades que vaian xurdindo.
Xa nos dixo que este venres tiñamos un contacontos na biblioteca e que estivesemos atentos ao buzón porque nos ía deixar algo para poder asistir.lunes, 20 de septiembre de 2021
martes, 14 de septiembre de 2021
UNHA VIAXE DE CONTO
Comezamos a aventura na biblioteca con Xeliña, a nosa mascota, e como a ela lle encantan os contos este curso escollemos a PDI “unha viaxe de conto”, a través dos cales voaremos ata mil lugares, teremos mil aventuras e aprenderemos moitas cousas novas.
Así o primeiro día de colexio os nenos e nenas atoparon así a súa escola…
Decoramos a entrada e o colexio coas imaxes do libro da selva, para dar comezo a esta nova aventura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...