Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Florencio M. Delgado Gurriarán, un recoñecido escritor nado na Comarca de Valdeorras.
De entre os seus numerosos poemas escollemos “Galicia Infinda”, poemario referencial do
autor, facendo fincapé na idea de que onde esteamos cada un de nós, alí tamén
se atopará Galicia. Esta idea quixemos plasmala no vídeo que a continuación se
presenta (pinchar na imaxe), así coma na decoración coa que engalanamos a nosa escola para unha
data tan sinalada.
As nosas nenas e nenos aprenderon unha unha morea de cousas deste autor, e o máis importante, aprendemos que co galego, chegamos a onde nos propoñamos!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!