viernes, 25 de noviembre de 2022
domingo, 20 de noviembre de 2022
jueves, 17 de noviembre de 2022
OS LIBROS VAN Á CASA
Esta semana os nenos e nenas de 6º EI comezamos o préstamo de libros que levaremos á casa para ler en familia ó longo da fin de semana. Esta nova rutina tennos moi ilusionados xa que nos encanta asumir novas responsabilidades e, por suposto, coñecer novos mundos a través dos contos. Agardamos que pasedes un bo rato descubrindo realidades diversas e contando historias!
martes, 15 de noviembre de 2022
AS VIAXES DE XELIÑA
O venres pasado recibimos no buzón a derradeira remesa de fotografías da viaxe de Xeliña xunto con dúas letras que nos serviron para completar o nome do país que visitou, Canadá! Nas imaxes podemos ver que paseou por moitos lugares e fixo novos amigos. Estamos desexando que volva á nosa biblioteca para contarnos todas as súas aventuras. Estaremos moi pendentes esta semana dos nosos buzóns!
FESTEXANDO O OUTONO
Que mellor forma de celebrar a chegada do outono que pasando unha bonita mañá polos nosos soutos! Por iso, o pasado mércores 9 de outubro fomos de excursión a Louseiro. Despois de apañar tesouros de outono para a nosa colección, xogar e desfrutar "cos pés e as mans na terra", tomamos un almorzo riquísimo no Pazo Torre do Barrio.
Xa na escola creamos fermosas pezas de arte cos elementos naturais recollidos. E para rematar a semana, o venres celebramos un magosto no que non faltaron a música os xogos populares e, por suposto, as castañas! Que viva o outono! Premede no vídeo para ver o ben que o pasamos!
lunes, 7 de noviembre de 2022
CONTAMOS CONTIÑOS: XELIÑA VAI O SOUTO
Esta vez tocoulles aos máis pequeniños da escola visitar a biblioteca para escoitar a historia de Xeliña e os seus amigos. Ao rematar Xeliña tíñalles preparado un pequeno agasallo, unha chapa de BiblioXeliña.
jueves, 3 de noviembre de 2022
AS VIAXES DE XELIÑA
Unha das cousas que máis lle gusta a Xeliña é viaxar, por iso, este curso colleu a súa maleta e puxo rumbo a novos lugares. Con ela iremos aprendendo e coñecendo outros lugares do mundo, e cousiñas interesantes deles.
Xa comezou a súa andaina, e así nolo trasladou deixándonos unha carta no buzón e un xogo para adiviñar onde se atopa. Que intriga...onde andará?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...