jueves, 30 de marzo de 2023

FAMILIAS QUE CONTAN: VISITA DUN APICULTOR

     O papá de Irene sabe moito das abellas, e decidiu vir onte á nosa escola e ensinarnos a nós a importancia deste insecto nas nosas vidas.

Aprendemos moitas cousas, dende os distintos dipos de abellas e colmeas ata os nomes dos diferentes partes do traxe e instrumentos pàra recoller o mel. 

Puidemos ver unha colmea por dentro e incluso vestirnos de apicultores e tamén fixemos un visionado dun vídeo no que nos explicaba como coidar das abellas.

Gustounos moito esta visita. Moitas grazas.





FAMILIAS QUE CONTAN

Seguimos recibindo  visitas das familias do noso alumnado. Neste caso contáronnos un conto de un cabaliño valente e ensináronnos moitas cousas de cabalos, pero o máis divertido, poidemos montar nun cabalo moi especial!



viernes, 24 de marzo de 2023

FAMILIAS QUE CONTAN

 Esta semana viñeron a visitarnos a nosa biblioteca un axente forestal e unha enfermeira. 

Aquí podedes ver ao papá de Anxo, que nos contou un montón de cousas sobre o traballo como axente forestal!!! Moitas grazas



E dous días despóis visitounos a mamá de Carla, que é enfermeira, con ela coñecemos moitos instrumentos médicos e o seu funcionamento. Encantounos probalos todos e coñecer o día a día do seu traballo. Moitas grazas.

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo está sinalado no calendario como un día de festa no que os coles de toda a comarca nos xuntamos para compartir, con todas as persoas que se queiran achegar, fermosos versos de escritores da nosa Terra. Este ano na Praza da Vila, festexámolo con Manuel María. 

Na escola aprendemos versos e disfrutamos de moita poesía.



XELIÑA VISITA OUTRAS BIBLIOTECAS

 Neste mes os compañeiros e compañeiras do CEIP Plurilingüe San Miguel, de Paradela, convídaronnos ao seu colexio para darlles un pequeno curso de como xurdira a nosa biblioteca e o traballo que facemos nela. Esperamos que vos servise de axuda.

A Xeliña encantoulle ver outras bibliotecas.

viernes, 17 de marzo de 2023

RETO TRIMESTRAL 2º TRIMESTRE: VIDA SAUDABLE

     Neste trimestre o reto está relacionado co fomento de hábitos saudables nos nenos e nenas, por iso, o traballo das familias foi sacar unha foto do seu fillo ou filla facendo algo relacionado coa vida saudable.

Todos os traballiños foron expostos na biblioteca, e invitamos ás familias a visitarnos e ver a exposición fotográfica.

Unha vez máis grazas por participar.


lunes, 13 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo celebramos a Semana da Prensa. Na escola aproveitamos para familiarizarnos con este medio de comunicación. Xogamos, buscamos, recortamos, creamos... En definitiva, pasámolo xenial experimentando cos xornais.







viernes, 10 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Para celebrar este día levamos a cabo diferentes actividades, dende contacontos,como Daniela Pirata e Arturo e Celestina, ata a creación dun mural cos debuxos da muller máis importante da nosa vida.


Tamén dende a biblioteca escollemos unha serie de contos relacionados con esta temática.

jueves, 9 de marzo de 2023

FAMILIAS QUE CONTAN

 Hoxe veu a visitarnos a mamá de Anxo e Olivia, e trouxo para contarnos o conto "Sopa verde", encantounos!!! Moitas grazas