jueves, 27 de abril de 2023
IV EDICIÓN CANTAMOS CON LAS MANOS: "DON RAMÓN"
A nosa escola gañou o premio do xurado no concurso autonómico "Cantamos con las manos", estamos moi ledos. Ata saímos na prensa.
FAMILIAS QUE CONTAN: VISÍTANNOS 2 AVOAS
Hoxe visitounos unha mamá que traballa nun centro de maiores. Veu acompañada de dúas usuarias do centro que compartiron con nós as actividades que alí fan a diario.
Tamén no sfalaron das súas lembranzas de pequenas e aprendemos e desfrutamos escoitando cales eran os seus xogos preferidos!
Ata nos trouxeron un dominó feito por elas con pedras, para que xogaramos con el na escola.
Encantounos escoitarvos!! Moitas grazas pola visita
martes, 25 de abril de 2023
FAMILIAS QUE CONTAN: A MELLOR SOPA DO MUNDO
A mamá de Triana veu hoxe a nosa escola a contarnos o conto de "A mellor sopa do mundo", veu cargada de verduras e fixeron unha sopa mooiiiii deliciosa.
Moitas grazas por vir a contarnos contiños.
lunes, 24 de abril de 2023
CANTAMOS E BAILAMOS COA TRADESCOLA
Hoxe visitounos a TradEscola, mirade que ben o pasamos aprendendo o nome dos distintos instrumentos da musica tradicional galega, así como algúns pasiños de baile galego.
Moitas grazas.
viernes, 21 de abril de 2023
FESTEXAMOS A SEMANA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro, Xeliña, a nosa mascota, enviounos unha carta ao buzón contándonos que o xoves teríamos na escola unha visita moi especial, unha escritora, Ana Meilán, e que nos deixaba na biblioteca varios contos que escribiu, para que o longo destes días os vaiamos lendo.
Tamén nos comentou que se na casa tiñamos algún conto escrito por ela, que podíamos traelo á escola para que nolo firmase.
E por fin chegou o día, e a nosa biblioteca encheuse duns personaxes moi especiais, Simón e os seus botes de bágoas e a familia Pérez, e así foi como Ana Meilán comezou a contarnos as súas historias.
E por outro lado, a nivel titorías tamén se traballou esta conmemoración, pensando e debuxndo os personaxes do seu conto preferido, incluso Xeliña tamén participou e nos enviou o seu conto preferido e un debuxo para colocar no noso mural.
viernes, 14 de abril de 2023
COMEMOS SANO
Con motivo do día Mundial da Saúde, que se celebrou o pasado 7 de abril, nos nosos buzóns das aulas apareceu unha invitación de Xeliña para ir á biblioteca a escoitar unha charla sobre hábitos de vida saudable e aprender a facer unha receta deliciosa.
Falamos sobre hábitos saudables, comentamos as nosas fotos da exposición da biblioteca, fixemos un batido e brochetas!!!
Mirade que ben o pasamos e que ben merendamos.
miércoles, 12 de abril de 2023
lunes, 10 de abril de 2023
Contacontos "Vexo Vexo Xacobeo"
Esta mañá tivemos unha visita moi especial, dous peregrinos pasaron pola nosa escola e fixéronnos pasar un rato moi divertido.
O INVERNADOIRO DE XELIÑA
Chega a primavera e Xeliña quere poñer a punto o seu invernadoiro. As nenas e nenos do cole imos axudarlle para enchelo de flores e prantas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Xeliña deixounos unha carta nos buzóns para invitarnos á bibliotec...
-
Hoxe fomos de visita a un cole moi especial, "ao cole de maiores", o noso novo cole para o curso que ven. Ao chegar recibíronnos ...
-
Ao longo destas semanas, traballamos a temática do Inverno. Xeliña deixounos un conto moi divertido para contar, " Un copo de nieve en...