viernes, 29 de septiembre de 2023

O POLO PEPE

 Xeliña sabe que o Polo Pepe sempre triunfa cos máis pequeniños da escola, por iso recomendóullelo para contar nas aulas de 3 aniños.

Despois de contalo manipulamos cebada, e millo; pintamos a barriga do polo Pepe e ata fixemos o noso propio poliño coas nosas mans!!!



jueves, 21 de septiembre de 2023

Arte en xogo: contos

Xeliña deixounos na biblioteca unha selección de contos que podemos aproveitar para comezar co noso PDI: Arte en xogo. 
Que vos parecen?

Colores de Hervé Tullet
La danza da las manos de Hervé Tullet
Un libro De Hervé Tullet

martes, 12 de septiembre de 2023

COMEZAMOS....ARTE EN XOGO

Comezamos unha nova aventura....este curso seremos máis artistas que nunca. Pintaremos, cantaremos, faremos teatro,... E así o plasmamos no mural da entrada da nosa escola.




E para explicárllelo ao alumnado Xeliña deixounos unha carta contándonos todo esto e dándonos a benvida e tamén un pequeno agasallo para comezar a nosa andaina como artistas.