O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Xeliña deixounos unha carta nos buzóns para invitarnos á biblioteca a facer unha morea de experimentos científicos. Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos? Pois prestade moita atención!
O OVO SALTARÍN
Que pasará se deixamos un ovo 48 horas nun frasco de cristal cheo de vinagre? Sabedes que pasou? Que cando o sacamos e o lavamos o ovo rebotou! Mirade as fotos e os vídeos! Foi moi divertido!
FLORES BLANCAS
Para comezar este experimento empezamos falando de como se alimentan as plantas, como hai que coidalas, cales son as partes das flores... e outras curiosidades.
Puxemos unas margaridas brancas en botes con auga e na auga botamos unhas gotas de colorante azul, amarelo, laranxa, vermello e... parece ser que por "arte de ciencia" as flores brancas acabarían desas cores!!
Quedaron moitos días bebendo desa auguiña de cores e aínda así só conseguimos que se puxeran cun pouquiño de cor. Pero non importa, sabemos que os científicos teñen que traballar moito e que ás veces teñen que repetir os experimentos para que saian perfectos.
CORES EN MOVEMENTO
Neste experimento , empregamos de novo auga e colorante pero nesta ocasión, colorante de cor azul, vermello e amarelo. Conectamos 6 vasos cun pouquiño de papel absorvente , no vaso da esquerda botamos colorante azul, no central amarelo e no da dereita vermello...
Cal foi a nosa sorpresa que poucos minutos despois, os vasos do medio comezaron a encherse de auga de cor VERDE e LARANXA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario