lunes, 29 de enero de 2024

PARA NÓS A PAZ É...

A nosa mascota Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca,  "El Libro de la Paz" de Todd Parr. Reflexionamos sobre o que é a paz para nós,  fixemos fotos representando as ideas que xurdiron e levamos para casa a nosa versión do libro. Tamén elaboramos un vídeo con esas imaxes, e deixamos un exemplar do conto na biblioteca! Seguro que a Xeliña lle encanta.

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo que fixemos.

CONTAMOS CONTIÑOS: UN DÍA DE NIEVE

Contamos o conto "Un día de nieve", un conto ilustrado moi bonito dun neno de África que nunca vira a neve. E como actividade decidimos facer unha bonita obra de arte, pintamos con papel de burbullas e pegamos a Peter.
Mirade que bonito quedou.


Se premedes na imaxe podedes ver máis fotos.

viernes, 26 de enero de 2024

TALLER DE ARTE CREATIVO INVERNO

 Hoxe tocou saír á biblioteca para elaborar o noso mural do inverno. tomamos de referencia o xogo de @hervetuller "a dibujar" e a crear.

Pinchando na imaxe podedes ver un vídeo de como o fixemos.


martes, 23 de enero de 2024

VISITA GUÍADA "A NOSA ARTE"

Hoxe fomos de visita a Lugo, á fundación Abanca. Unha visita na que arte e poesía se mesturaron!
Ademáis tamén rematamos coa creación dos nosos propios robots, cos cales fixemos unha obra de arte.
Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade

lunes, 22 de enero de 2024

SIGNANIMALARIO

 Xa temos na nosa biblioteca o libriño de signos das letras do abecedario, acompañado de ilustracións de animais, feito o curso pasado polas nenas e nenos da nosa escola.

TALLERES DE ARTE DE INVERNO

Coa chegada desta estación a nosa escola énchese das cores do inverno, aquí podedes ver os diferentes murais que están elaborando nas aulas.
Ao ritmo da música, empregando esponxas, papeis cortados, coches, obxectos circulares de diferentes tamaños....



viernes, 19 de enero de 2024

TALLER NA BIBLIOTECA: FACEMOS NEVE

Ao longo destas semanas, traballamos a temática do Inverno. 
Xeliña deixounos un conto moi divertido para contar, "Un copo de nieve en el bolsillo", escoitamos atentamente o que lle acontecía a estes dous animaliños, e falamos moito sobre o inverno e a neve. 
Unha vez que o contamos, decidimos facer neve. Empregamos bicarbonato e auga e....a remover.
Encantounos!!!





Tamén fixemos distintas actividades plásticas, empregando esponxas, témperas, sal, xeo de cores,...e fixemos manoplas e copos. Mirade que ben quedaron.




jueves, 18 de enero de 2024

VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA

Hoxe visitamos a exposición de Materiais de uso habitual de persoas con discapacidade promovida pola Plataforma da Diversidade Infantil da Comarca de Sarria.

Esta exposición pon en valor materiais que empregan día a día nenas, nenos e adultos con distintos tipos de discapacidade ou necesidades específicas.
Encantounos manipular estes materiais e poñernos no lugar do outro, se pinchades na seguinte foto podedes ver máis imaxes.

miércoles, 10 de enero de 2024

FAMILIAS QUE CONTAN: "A RATIÑA PRESUMIDA"

Hoxe visitounos a mamá de Brais e o seu irmán maior. Contáronnos o conto de "A ratiña presumida" e falounos do seu amigo o ratiño Pérez. Tamén nos falou do seu traballo e aprendemos que alimentos poñen aos nosos dentes contentos ou tristes! Falamos de como manter a nosa boca limpa e saudable e descubrimos moitas cousas sobre as próteses dentais!

Pinchando na imaxe accededes ás fotos.



Encantounos. Moitas grazas