On the 31st of October we celebrated Halloween at school. We made puzzles and lots of crafts in order to learn vocabulary related to Halloween.
jueves, 31 de octubre de 2024
miércoles, 30 de octubre de 2024
CONTAMOS CONTIÑOS, SAMAÍN
Por aquí vos deixamos algúns dos contos que contamos en Samaín e as artistadas que fixemos relacionados con eles. Agardamos que vos gusten!
martes, 29 de octubre de 2024
Outono en Louseiro
Hoxe fomos de excursión a Louseiro. Visitamos un souto e apañamos tesouros do outono. Despois degustamos unha riquísima chocolatada no Pazo da Torre do Barrio. Pasámolo moi ben!
jueves, 24 de octubre de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO
Despois do marabilloso contacontos de Xeliña e os seus amigos, recollimos follas e fixemos uns marcapáxinas outonais. Agardamos que vos gusten!
martes, 22 de octubre de 2024
FAMILIAS QUE CONTAN, CORRE CORRE CABACIÑA
Un curso máis continuamos con esta actividade. A nai de Olivia animouse a contarnos un clásico de Samaín, “Corre corre cabaciña”. Encantounos. Moitas grazas por vir.
lunes, 21 de octubre de 2024
A FESTA DO OUTONO
Para celebrar a chegada do outono e aproveitando a proximidade do Día das Bibliotecas, Xeliña deixounos unha carta no buzón para convidarnos á biblioteca a escoitar unha historia de amizade e cooperación que aconteceu mentres ela e os seus amigos preparaban o souto para o outono. Como non podía ser doutro xeito, o conto rematou cun banquete compartido e tivemos a oportunidade de saborear os froitos desta tempada, que delicia!
martes, 8 de octubre de 2024
MY FIRST ELMER
Maddie, our Language Assistant, read us "My First Elmer" by David McKee. This is a colourful book that promotes inclusivity and friendship, and the most important thing, this book shows us that being different is our superpower.
lunes, 7 de octubre de 2024
COMEZAMOS O PRÉSTAMO
Co comezo do mes de outubro demos comezo ó préstamo de exemplares nas aulas de 5º e 6º de educación infantil. A Xeliña gústalle moito deixarnos os seus libros para levar para a casa e a nós encántanos ir completando o carné cada vez que os traemos de volta. O bibliotecario ou bibliotecaria de cada semana é o encargado de rexistrar no caderno que nos deixou Xeliña nos buzóns os libros que levan os compañeiros e compañeiras. Esta é unha das nosas tarefas favoritas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O 11 de febreiro foi o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, un día para reivindicar o papel de moitas científicas que non recibe...
-
Co novo curso comezamos un novo proxecto a través do cal exploraremos o mundo dos animais e investigaremos sobre os coidados e a protección ...
-
Como xa sabedes na clase de 4 anos B toleamos polos pingüíns, así que nos encantou a historia de Tango. Queredes coñecela? Pois contámosvola...