miércoles, 28 de mayo de 2025

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe contamos coa visita dunha familia que nos ensinou moitísimas ferramentas para o coidado dos nosos xardíns, montes, fincas… e como se usan. Aínda que facían moito ruido, non nos asustamos nada!

Agasalláronnos con dúas plantas para as nosas macetas.

Moitísimas grazas por compartir con nós o voso oficio e a importancia que ten!

martes, 27 de mayo de 2025

CONTAMOS E CANTAMOS CON CAXOTO

Hoxe tivemos a visita de Caxoto que nos contou (ou mellor dito cantou) o seu conto Avoa, Neto e burro. Gozamos dunha sesión de música, cantigas e risas! Moitas grazas pola visita!



jueves, 22 de mayo de 2025

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe visitounos Vanesa, a nai de Carla, para falarnos un pouco da súa profesión, que é auxiliar de enfermería. Aprendemos moitas cousas sobre como coidarnos e tamén vimos e usamos algúns utensilios que emprega no seu traballo.
Moitas grazas por vir, encantounos!


miércoles, 21 de mayo de 2025

CONCERTO DIDÁCTICO OS PETAPOUCO

Onte asistimos a un concerto de percusión moi divertido da man dos Petapouco, na Escola de música de Sarria. Moitas grazas, encantounos!



martes, 20 de mayo de 2025

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Celebramos o Día Mundial das Abellas. Hoxe aprendemos o importantes que son as abellas para a natureza. A través de contos, cancións, manualidades e xogos, descubrimos como estes incribles insectos axudan a polinizar as flores e a que crezan as froitas e verduras que comemos cada día.

Temén falamos de como podemos coidalas. Non pisar flores, plantar máis plantas na casa e evitar contaminar a súa contorna foron algunhas das ideas que compartimos. 

E, xa para rematar, decidimos plantar no noso xardín sementes e flores silvestres, como un agasallo para as abellas. 

Foi un día cheo de aprendizaxe e diversión!


domingo, 18 de mayo de 2025

A FESTA DAS NOSAS LETRAS

Ao longo desta semana celebramos na nosa escola a Semana das Letras Galegas. Xeliña deixounos no correo un libro e unha carta explicándonos a quen se lle adicaba este año: ás cantareiras, personificadas en Rosa e Adolfina, as Pandereteiras de Mens e Eva Castiñeira.
Cantamos e inventamos a nosa copla, tocamos pandeiretas, fixemos unha con flores como recordo, e representamos unha pequena actuación con cancións galegas. Así de ben o pasamos!




martes, 13 de mayo de 2025

E ENTÓN UN XARDÍN

Hoxe asistimos á peza teatral E entón, un xardín, no auditorio Gustavo Freire de Lugo. Con este colorido espectáculo de monicreques aprendemos o importante que é respectar os vexetais e animais que habitan a natureza sen interferir nos seus ecosistemas coma seres humanos. Gustounos moito e pasámolo moi ben! 

viernes, 9 de mayo de 2025

FLORES E MÁIS FLORES

Aquí tedes novas propostas propias da estación do ano na que nos atopamos. Escritura de palabras significativas e ampliación do vocabulario, estampacións florais e esencia de lavanda. Agardamos que vos gusten!



martes, 6 de mayo de 2025