sábado, 21 de junio de 2025

A DERRADEIRA FESTA! BO VERÁN!

Rematamos un curso máis, cheo de aventuras, descubrimentos e sobre todo, moita ledicia! Esperamos que este verán veña cargadiño de bos momentos e que setembro nos volva xuntar para continuar a festa! Tamén desexamos toda a sorte e felicidade do mundo para as nenas e nenos que o vindeiro curso comezan unha nova etapa en primaria, sabedes que esta sempre será a vosa escola! Bo verán familias!


XELIÑA RECOMENDA


viernes, 20 de junio de 2025

MÁIS ABELLAS

Durante todo o terceiro trimestre, na clase de 3 anos A, estivemos estudando as abellas, como nacen, como viven, de que se alimentan, etc. Pero sobre todo, por que son tan importantes para o noso planeta. Por aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixemos tendo estes pequenos insectos como inspiración. Tamén vos compartimos algúns recordos de final de curso que nos recordan o importantes que somos nós para a protección das abellas. Agardamos que vos gusten!



jueves, 19 de junio de 2025

CONTAMOS CONTIÑOS: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Na clase de 3 anos B rematamos o curso levando un pequeno recordo do noso conto preferido, Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle. E é que este álbum ilustrado foi unha constante ó longo de todo curso para traballar conceptos numéricos, nocións temporais e alimentación saudable nas nosas asembleas diarias. Por iso non foi de extrañar que quixéramos contalo unha e outra vez. Gardaremos sempre o noso pequeno recordo do noso paso de eiruguiñas a bolboretas!


DIA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Celebramos o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Aprendimos signos de animais e despois xogamos a adiviñalos. Tamén nos familiarizamos un pouco co alfabeto dactilolóxico e creamos un recordo co noso nome para lembrar a importancia das linguas de signos. Encantounos!


DE OVO A BOLBORETA

Na clase de 4 anos A, tamén estivemos aprendendo moito sobre o ciclo da vida das bolboretas e por aquí vos deixamos algunhas das nosas creacións. Agardamos que vos gusten!

miércoles, 18 de junio de 2025

COLECCIONISTAS DE BOLBORETAS

Durante o terceiro trimestre na clase de 5 anos B creamos o noso propio libro de bolboretas. Tras unha votación para escoller cal ía ser o insecto obxecto de estudo, comezamos unha colección de cartas grazas ás que aprendemos datos curiosos sobre unha gran variedade de bolboretas que fomos rexistrando no noso caderno. Hainas para todos os gustos, tan diversas coma nós!


martes, 17 de junio de 2025

MOITA BICHERÍA

Despois dun scape room moi divertido que xa vos ensinamos nunha entrada anterior, por aquí vos deixamos algúns dos traballos relacionados cos insectos que fixemos na clase de 4 anos B durante o terceiro trimestre. Abellas, bolboretas, eirugas, moscas... Foron a nosa inspiración para múltiples creacións e aprendizaxes. Agardamos que vos gusten!



lunes, 16 de junio de 2025

XOGAMOS COA ROBÓTICA

Ó longo do segundo e o terceiro trimestre, empregamos a variedade de recursos de robótica para diferentes propostas, dende o xogo libre no que o alumnado trazou os seus propios circuitos no chan, ata actividades máis dirixidas nas que diriximos o robot a diferentes recadros con insectos variados. Tamén empregamos un robot que traza diferentes formas para crear unhas flores moi especiais e darlle a benvida á primavera. Por aquí vos deixamos algunhas imaxes. Para septembro máis!






viernes, 13 de junio de 2025

FAMILIAS QUE CONTAN: XEADOS PARA O VERÁN

Hoxe na clase de 4 anos A tivemos a visita da nai de Daniela que nos propuxo unha actividade moi acorde con esta época do ano na que tanto apetece comer algo refrescante. Recortando diferentes materiais compuxemos os nosos xeados cos que creamos unha guirnalda decorativa para a nosa aula. Agora toca esperar polo verán e as vacacións que xa logo empezan. Moitas grazas pola visita!
 

jueves, 12 de junio de 2025

CE ORQUESTRA PANTASMA

Hoxe tivemos a visita de Ce Orquestra Pantasma. Gozamos dunha mañá de bailes e cantos. Esta actividade foi costeada en parte cos cartos do premio de Entroido, que as familias participantes cederon á escola. Moitas grazas familias!


martes, 10 de junio de 2025

GRANXA CASA DA FONTE

Onte e hoxe visitamos a granxa Casa da Fonte onde puidemos visitar os animais da granxa en liberdade: vacas, pitas, cochos, cabalos… Unha verdadeira aventura!



domingo, 8 de junio de 2025

XELIÑA VAI Ó HORTO, A POR LEITUGAS PARA ENSALADA!

Aproveitando as leitugas do noso horto e con algún ingrediente máis que os compañeiros de 5 anos B saíron a comprar, despois de escribir diferentes listas entre todos, ó longo desta semana e da anterior estivemos preparando ensalada. Cada clase cociñamos e saboreamos a da nosa propia receita pero todas estaban moi ricas e sobre todo, moi moi saudables!



CONTAMOS CONTIÑOS, UN LUGAR PERFECTO

Coincidindo coa semana na que conmemoramos o día mundial do medio ambiente, na clase de 5 anos B estivemos lendo este libro no que catro insectos buscan un lugar ideal para vivir. Con esta historia, espertamos a nosa conciencia medioambiental ante o impacto humano neste ecosistema compartido que é o planeta. Despois, da lectura fixemos a nosa propia reinterpretación dalgunhas das súas ilustracións. Agardamos que vos gusten!
 

jueves, 5 de junio de 2025

RUTA DAS ACEAS POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe o tempo acompañou e permitiunos gozar deste día percorrendo a fermosa ruta das Aceas, que descorre pola nosa vila. Fixemos o camiño mentres falabamos sobre as árbores e plantas, descubríamos animais…
Rematamos a andaina cunha merenda e xogos no parque do Chanto.
Un día para valorar e disfrutar do noso entorno, sempre de xeito respetuoso.

martes, 3 de junio de 2025

CONVIVENCIA NO FREI LUÍS DE GRANADA

Hoxe o alumnado de 6° estivo de visita no CEIP Frei Luís de Granada, onde nos tiñan preparadas unha morea de actividades para coñecer o que será o noso colexio para o vindeiro curso e tivemos a oportunidade de coñecer ás novas compañeiras e compañeiros.
Visitamos as aulas de primeiro, a de música, o ximnasio, e fomos a biblioteca a escoitar un conto.
Rematamos a nosa visita merendando xuntos, bailando e xogando no patio.
Unha mañá que comezou chea de nervios e rematou con momentos inesquecibles para o alumnado.
Moitas grazas pola acollida, vémonos en setembro!